Actualidade
Buscador de novas
A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto de mellora da drenaxe das estradas PO-550 e PO-504 en Meaño e Sanxenxo, que suporá un investimento de 465.000 €
A previsión é licitar as obras e convocar as expropiacións no primeiro trimestre do vindeiro ano, para executar os traballos ao longo do 2025
A Xunta destaca os balnearios galegos como dinamizadores das economías locais e comarcais
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, inaugura a xornadaConservación e xestión sustentable das augas mineromedicinais no Hotel Balneario de Compostela en Brión
A Xunta recibe catro ofertas para executar a plataforma flotante do Parrote, na Coruña
A intervención, licitada por 2,6M€, fortalecerá a relación da cidade co mar e forma parte do proxecto Coruña Marítima
A Xunta prevé executar en 2025 labores de conservación e limpeza en arredor de 550 km de ríos galegos para incrementar a súa resistencia ante posibles inundacións
Ángeles Vázquez salienta que o organismo hidráulico destinará 2,7 M€ o vindeiro ano á realización deste tipo de traballos, que inclúen a retirada de árbores caídas, limpeza de marxes, control de invasoras e eliminación de obstáculos das canles
Rueda anuncia que a Xunta mobilizará o ano que vén máis de 35 M€ na planificación e posta en marcha de actuacións fronte aos riscos de inundación na bacía Galicia-Costa
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, salienta a importancia da “planificación para atallar os riscos” derivados dos eventos meteorolóxicos adversos
A Xunta remata en Valga as obras para reducir o risco de inundación entre a estrada PO-548 e a liña do ferrocarril cun investimento de máis de 380.000 euros
As actuacións, cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, buscan incrementar a capacidade hidráulica da canle fluvial do río Louro e minimizar a posibilidade de que se produzan asolagamentos
A Xunta realiza labores de conservación nun tramo de preto de 10 quilómetros do río Mero, en Cambre
As tarefas que está a realizar Augas de Galicia consisten na retirada de árbores caídas e biomasa para evitar atoamentos
A Xunta realiza labores de conservación nun tramo de preto de 3,5 quilómetros do río Masma, en Mondoñedo
As tarefas que está a realizar Augas de Galicia consisten na retirada de árbores caídas e biomasa para evitar atoamentos
A Xunta, o Concello de Viveiro e a Deputación de Lugo destinan 1 M€ a mellorar a contorna do río Fontecova e reducir o risco de inundación no núcleo da Tafona
Ángeles Vázquez salienta que esta actuación, que se desenvolverá nun tramo duns 280 metros de lonxitude, contribuirá a mellorar a calidade de vida da veciñanza
A Xunta contribúe a eliminar tres puntos de vertido de augas residuais no concello de Pontevedra
Os técnicos de Augas de Galicia detectaron as incidencias no marco dos seus labores rutineiros de inspección na demarcación hidrográfica Galicia-Costa