Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.115 novas da área temática Formación:

06/11/2025 | 15:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a función estratéxica do Centro de Orientación ao Emprendemento na coordinación das políticas de apoio ao emprego en Galicia

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, xunto co secretario xeral de Universidades, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, participou na sesión ordinaria anual deste órgano creado polo Goberno galego en 2024

06/11/2025 | 14:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Arias subliña a calidade da Formación Profesional galega e celebra o éxito dos centros lucenses no ‘GaliciaSkills’

O delegado territorial da Xunta en Lugo recibiu aos estudantes da provincia que participaron neste certame, que pon en valor o talento da mocidade e o papel estratéxico destas ensinanzas

06/11/2025 | 14:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta forma a 100 persoas desempregadas no Programa Integrado de Moaña e confirma a celebración dun novo plan de emprego en 2026 cun investimento de 220.000€

A delegada territorial de Xunta en Vigo, Ana Ortiz, clausurou este xoves o curso financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

05/11/2025 | 16:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia sitúase como referente a nivel nacional e internacional en tecnoloxías cuánticas

A directora da Axencia Galega de Innovación participa na presentación dos resultados científico-técnicos do Plan Complementario de Comunicacións Cuánticas

05/11/2025 | 16:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia unha competición de vehículos eficientes deseñados por alumnos de FP que fomenta a conexión co tecido produtivo e a mobilidade sostible

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, participa na presentación da Carreira Barreiros eMotionFP A Estrada Urban que se celebrará nesta vila o 13 de novembro

05/11/2025 | 14:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que a nova facultade de Farmacia vai axudar a seguir promovendo o liderado de Galicia no eido da saúde

Resalta que a Xunta achega a metade do investimento para construír este edificio que ascende a 24 M€

05/11/2025 | 13:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia amosa as capacidades da I+G+i a unha delegación da Rede de Asociacións de Investigadores e Científicos Españois no Exterior

Con esta visita, na que coñecen os diferentes axentes do sector, a Xunta busca impulsar colaboracións internacionais en materia de I+D+i

04/11/2025 | 15:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo destaca o papel do Centro de Formación para o Emprego de Santiago como un referente na cualificación profesional e na inserción laboral

A delegada da Xunta informou que dos cursos do 2025, 19 en total, 3 xa están finalizados, 5 impartíndose nestes momentos e 11 aprobados para iniciarse e rematar no 2026, abranguen unha ampla variedade de áreas profesionais

04/11/2025 | 11:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia acada o mellor outubro en afiliacións con 1.102.984 cotizantes e o paro máis baixo dese mes con 113.386 persoas desempregadas

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, valorou hoxe os datos de paro rexistrado e de afiliacións á Seguridade Social correspondentes ao pasado mes de outubro