Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.125 novas da área temática Infraestruturas:

01/06/2026 | 11:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto dunha nova senda peonil na AC-424 en Corme, no Concello de Ponteceso

Este itinerario suporá un investimento de case 565.000 euros sendo o seu obxectivo continuar a mellora da seguridade viaria e fomento da mobilidade sostible, unindo esta nova senda de 685 metros de lonxitude Corme Aldea con Corme Porto

31/05/2026 | 11:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe dez ofertas para a construción das novas sendas peonís na estrada AC-433 en Laxe, que suporán un investimento total de mais de 1,1 M€

Trátase de executar dous novos tramos de sendas nesta vía autonómica: un primeiro que parte do núcleo de Castrelo uníndose coa senda xa executada en Serantes; e un segundo, que enlaza este núcleo co de Laxe

30/05/2026 | 11:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe sete ofertas para executar o reforzo do firme en tres estradas ao seu paso por 10 concellos da provincia de Lugo, licitadas por máis de 3,6 M€

Actuarase en distintos treitos das vías da Xunta: LU-633, LU-546 E LU-621, nos seus percorridos polos concellos do Corgo, Portomarín, Pedrafita do Cebreiro, Baralla, Láncara, Paradela, O Páramo, Sarria, Triacastela e Monforte de Lemos

30/05/2026 | 10:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebra a campaña europea ‘Quere o Teu Mercado’ en 41 prazas de abastos de 31 concellos

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe as instalacións de Ourense, Ribadavia e O Carballiño, como mostra das accións impulsadas en toda a Comunidade nas que se están a implicar uns 1.800 praceiros e praceiras

29/05/2026 | 15:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destinará 140.000 euros á construción dun parque canino de máis de 3.700 m2 na cidade de Lugo

O Goberno galego asumirá o custo total e a execución da obra e o Concello porá á disposición os terreos necesarios para construílo na zona do parque de San Xillao e se encargará do mantemento e conservación das instalacións unha vez rematadas

29/05/2026 | 14:59 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño sitúa o centro de saúde de Moaña como referencia do novo modelo de infraestruturas de vangarda do Sergas

O Goberno galego investiu, entre obra e equipamento, 9,6 M€ nesta infraestrutura que se poñerá en servizo o 15 de xuño

29/05/2026 | 13:41 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta comproba o avance das obras do centro de día público de Sobrado

Destina preto de 350.000 euros a financiar a construción deste novo recurso, cuxa titularidade e xestión serán municipais

29/05/2026 | 13:29 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño sitúa o centro de saúde de Moaña como referencia do novo modelo de infraestruturas de vangarda do Sergas

O Goberno galego investiu, entre obra e equipamento, 9,6 M€ nesta infraestrutura que se poñerá en servizo o 15 de xuño

29/05/2026 | 11:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita as obras de mellora das instalacións hípicas no recinto da Fundación Semana Verde de Galicia

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a licitación dos traballos por un importe superior a 644.100 euros e as empresas interesadas teñen de prazo para presentar as súas ofertas ata o vindeiro 11 de xuño

29/05/2026 | 11:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe sete ofertas para executar as obras de renovación do firme en oito estradas no seu percorrido por 10 concellos da Costa da Morte

Con este contrato, licitado por case 3,5M€, intervirase na VG.-1.4, AC-404, AC-429, AC-444, AC-552, AC-546, AC-550 e AC-552, nos municipios da Baña, Cabana de Bergantiños, Cee, Fisterra, Laxe, Muros, Muxía, Santa Comba, Vimianzo  e Zas