Actualidade
Buscador de novas
A Xunta convoca as axudas para rehabilitación de edificios de titularidade municipal con destino a vivenda pública, que incrementan contía nun 30%, ata os 65.000€
Allegue subliña que ademais do incremento da contía, outra novidade desta liña dirixida aos concellos de menos de 30.000 habitantes será que as vivendas resultantes, destinadas a alugueiro accesible, terán cualificación pública permanente
A Xunta recibe 3 ofertas para a redacción do proxecto para a construción de 14 vivendas de promoción pública en Arteixo
O importe da licitación ascende a máis de 120.000 €
A Xunta aproba a novena actualización do Plan básico autonómico de Galicia, que garante unha ordenación responsable e sostible do territorio
O Plan Básico Autonómico de Galicia, ou PBA, constitúe unha peza viva e radiográfica das novidades lexislativas sectoriais que afectan ao territorio da comunidade autónoma
A Xunta convocará en xaneiro por 2 M€ axudas a particulares para mellorar a imaxe exterior das súas vivendas e doutros bens
Ángeles Vázquez destaca o incremento da dotación reservada a esta liña en 2026, que duplica o orzamento deste ano e co que prevé chegar a máis de 700 cidadáns
A Xunta conclúe o eixo de mobilidade peonil e ciclista que conecta a cidade de Ourense de norte a sur, tras o investimento de 5,8 M€
Allegue explicou que o itinerario de 4 km atravesa a cidade, ao paso pola intermodal, o pavillón Paco Paz, a avenida das Caldas, a praza de abastos e o paseo do Barbaña
A Xunta licita por máis de 190.000 euros a humanización da praza de Santa María en Ferreira, no Concello do Valadouro
A intervención enmárcase no Plan Hurbe e suporá a mellora de parte desta praza, con intervencións para facilitar a circulación peonil, ademais da disposición de beirarrúas, instalación de mobiliario urbano e a limpeza do cruceiro, entre outras
Rueda pon en valor o traballo do Consorcio do Casco Vello de Vigo, no que a Xunta leva investido 30,5 M€ nos últimos 20 anos
Desde a súa creación en 2005, froito da colaboración autonómica e local, o ente puxo a disposición 140 vivendas e 36 locais comerciais