A Xunta licita por máis de 410.000 euros as obras de humanización e dotación de infraestruturas na contorna do CEIP Otero Pedrayo, na Laracha
A actuación permitirá mellorar a accesibilidade, seguridade e calidade urbana da contorna escolar e, entre outras intervencións, inclúense a execución dunha senda e beirarrúas, a pavimentación de firmes e a habilitación dun aparcamento de buses
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación ao abeiro do Plan Hurbe, establecendo un prazo de presentación de ofertas que rematará o 5 de outubro
Esta actuación abordase ao abeiro do Plan Hurbe da Xunta, dirixido a colaborar cos concellos en actuacións que permitan mellorar as súas contornas urbanas e dotarse de equipamentos
O departamento que dirixe M. Allegue tamén colabora co Concello na mellora desta contorna do CEIP, a través dun préstamo, sen xuros, de 115.000 € do Fondo de Cooperación da Xunta para municipios de menos de 50.000 habitantes
Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2026
A Xunta licitou por máis de 410.000 euros (411.019,71 €) as obras de humanización e dotación de infraestruturas na contorna do CEIP Otero Pedrayo
Esta actuación que se vai a desenvolver ao abeiro do Plan Hurbe da Xunta, permitirá mellorar a accesibilidade, seguridade viaria e calidade urbana desta contorna escolar coa humanización do espazo. Entre as intervencións previstas, inclúense a execución dunha senda e beirarrúas, a pavimentación de firmes e a habilitación dun aparcamento para autobuses e vehículos lixeiros. Tamén se abordará a execución de novo alumeado público, a dotación de mobiliario urbano e a rede de pluviais.
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica o anuncio desta licitación, establecendo un prazo de presentación de ofertas que rematará o vindeiro día 5 de outubro. O prazo de execución das obras será de 6 meses.
Estas obras enmárcanse nun convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, que asumirá o 70% do orzamento; e o Concello, que achegará o 30% restante
A nova actuación abórdase ao abeiro do Plan Hurbe, co que a Xunta colabora cos concellos no financiamento de intervencións urbanísticas e melloras de contornas urbanas, co obxectivo de avanzar na revitalización do territorio e no reequilibrio territorial.
O departamento que dirixe M. Allegue tamén colabora co Concello da Laracha na mellora da contorna urbana do CEIP Otero Pedrayo, a través da concesión dun préstamo sen xuros, que rolda os 115.000 euros, sen xuros, do Fondo de Cooperación da Xunta para municipios de menos de 50.000 habitantes.