Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 141 novas da área temática Portos:

02/04/2024 | 14:10 | C. do Mar

A Xunta investirá máis de 115.000 € en melloras nos pavimentos do porto de Ortigueira

Alfonso Villares visitou a dársena na que se renovará o firme da explanada do peirao deportivo e o vial situado na parte posterior dos xardíns

22/03/2024 | 14:14 | C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta denuncia que a tramitación do novo regulamento xeral de Costas do Estado exhibe as mesmas eivas que a do anulado polo Tribunal Supremo

O Executivo galego censura que a consulta pública previa sobre esta normativa recolle xeneralidades incompatibles coa obriga legal de poñer a disposición da cidadanía toda a información necesaria para emitir unha opinión fundamentada

15/03/2024 | 14:13 | C. do Mar

A Xunta investirá máis de 260.000 euros en melloras nos pavimentos dos portos da Mariña Lucense

Alfonso Villares visitou a dársena de Viveiro na que se actuará sobre a explanada de acceso ao peirao deportivo e viarios de conexión cun orzamento de 95.000 euros

12/03/2024 | 13:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Autoridade Portuaria da Coruña reforzan a colaboración en materia de emerxencias

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, e o presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado, asinaron hoxe o convenio entre ambos os entes 

05/03/2024 | 17:37 | C. do Mar

Alfonso Villares reclama ao Goberno central axilidade na activación dun perte “en condicións” para a cadea mar industria

O titular do Mar criticou a proposta de “mini Perte” do Executivo estatal de 50 millóns de euros, moi lonxe dos 400 millóns reclamados polo sector e dos 1.000 millóns concedidos ao Perte Agroalimentario

27/02/2024 | 16:32 | C. do Mar

Alfonso Villares supervisa a execución da dragaxe do porto de Ribadeo no que a Xunta inviste preto de 2 M€

Trátase da primeira fase das actuacións previstas neste peirao que suporá a retirada de 139.335 m3 de material do canle de acceso e das dársenas pesqueira e comercial de Mirasol

01/02/2024 | 16:30 | C. do Mar

Alfonso Villares reclama un Perte “en condicións” para mellorar a competitividade do sector conserveiro galego

O responsable autonómico reclama ao Goberno central concreción e feitos na posta en marcha do Perte para a cadea mar-industria e a rectificación á negativa á rebaixa do IVE aos produtos pesqueiros, longamente demandada polo sector