Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 496 novas da área temática Turismo:

11/04/2024 | 12:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 472.000 euros a 14 novos proxectos turísticos para o litoral de oito concellos da Mariña

Vén de resolver a segunda convocatoria de axudas do 2023 para embelecemento dos recursos e introdución de medidas sustentables, dixitais, accesibles ou inclusivas

10/04/2024 | 14:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia con preto de 144.000 euros catro proxectos de embelecemento turístico do litoral nos concellos de Ares e Valdoviño

Entre as actuacións subvencionadas inclúense melloras paisaxísticas en diferentes contornas, a creación de contidos e recursos turísticos dixitais e a mellora da accesibilidade de espazos singulares

10/04/2024 | 13:42 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta impulsa máis de 60 proxectos de embelecemento turístico en 41 concellos do litoral galego por 2,7 M€

Vense de resolver a segunda convocatoria de axudas en concorrencia non competitiva para a rehabilitación sustentable e accesibilidade na costa galega

08/04/2024 | 13:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez comparte cos alcaldes da Ribeira Sacra os seguintes pasos da candidatura a Patrimonio Mundial

O representante da Xunta de Galicia agradece a confianza e a implicación dos axentes locais e animou a continuar avanzando “de xeito conxunto e coordinado”

08/04/2024 | 13:07 | Axencia de Turismo de Galicia

O Centro Superior de Hostelería de Galicia celebra desde este sábado 10 xornadas de portas abertas para dar a coñecer a súa oferta a futuros estudantes

As sesións celébranse todos os sábados de cada mes ás 11,00 h con información das novidades para o vindeiro curso que inclúen novas bolsas e axudas para os alumnos

07/04/2024 | 13:54 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta promove o Camiño de Santiago no mercado chinés cunha decena de xornalistas e influencers que suman máis de 5 millóns de seguidores

En colaboración coa OET de Pekín, o grupo está a realizar o Camiño de Santiago desde Sarria para coñecer e divulgar a ruta xacobea

06/04/2024 | 12:07 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia promove esta fin de semana nas Rías Baixas a nova edición da ‘Primavera de Portas Abertas’ nas rutas dos viños, que se celebrará en maio

Organiza unha viaxe de familiarización para bloggers e instagrammers especializados en enogastronomía e viaxe con actividades en adegas, pazos ou vinculadas á gastronomía    

05/04/2024 | 13:52 | Axencia de Turismo de Galicia

A oficina de turismo de Pontevedra da Xunta recibiu preto de 21.000 consultas no pasado ano, a maioría de procedencia nacional

O delegado territorial destacou os bos resultados das iniciativas da Xunta para a promoción do Camiño de Santiago

04/04/2024 | 15:09 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda anuncia que a Xunta leva mañá ao Consello do Patrimonio Histórico Español a candidatura de Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Unesco

Salienta que esta zona, declarada BIC no 2018, “é un dos maiores tesouros patrimoniais de España” que destaca pola súa “riqueza paisaxística, cultural e enogastronómica”

02/04/2024 | 11:50 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta recibe no Obradoiro os participantes do proxecto inclusivo ‘Sen límites’ que realizaron o Camiño de Santiago

A sexta edición deste programa de sendeirismo e montañismo con persoas do concello murciano de San Javier centrouse na peregrinación polo Camiño Francés desde Sarria