Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 655 novas da área temática Consumo:

30/12/2024 | 12:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa 17 proxectos de emprendemento empresarial no rural de Lugo, con infraestruturas e asesoramento na rede de viveiros industriais

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, visitou hoxe o viveiro industrial de Friol (Lugo)

19/12/2024 | 12:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en marcha en Ferrol un novo sistema de reclamación dixital para preservar os dereitos dos consumidores e usuarios

A delegada territorial, Martina Aneiros, e a xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, Sol Vázquez, visitaron esta mañá na estrada de Catabois o primeiro establecemento da zona adherido á iniciativa

17/12/2024 | 14:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Dúas candidaturas galegas resultan finalistas nos Premios Nacionais de Artesanía 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, acompañaron hoxe en Madrid ao torneiro Aitor Martínez (Tomiño) e ao ebanista Fran Millán, de Frouma Atlantic Wood (Ribeira)

16/12/2024 | 11:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A nova tempada de pesca continental comezará en Galicia o 16 de marzo e prolongarase ata o 31 de xullo

No caso do salmón, o período hábil para exercer a actividade irá do 1 de maio ao 31 de xullo, aínda que poderá acurtarse en función da cota de capturas

13/12/2024 | 16:06 | C. de Economía e Industria

Lorenzana explora co Clúster da Xeotermia novas vías de colaboración para impulsar o potencial deste sector en Galicia

Nos últimos 10 anos, o número de empresas relacionadas directa ou indirectamente con este mercado creceu en Galicia preto dun 14 por cento

10/12/2024 | 12:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avoga por un Nadal sostible a través dun consumo responsable e da promoción da reciclaxe

Ángeles Vázquez explica que os vindeiros 21 e 22 de decembro o Tinglado de Vigo se converterá nun mercado circular no que a cidadanía poderá vender e mercar todo tipo de produtos e darlles unha segunda oportunidade a eses obxectos

29/11/2024 | 20:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor en Lalín a importancia de colaborar co tecido comercial para revitalizar as rúas no Nadal e impulsar as vendas de proximidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou no acto de acendido das luces de Nadal deste concello pontevedrés e na inauguración dos escaparates máxicos, unha iniciativa que conta co apoio do Executivo galego

29/11/2024 | 13:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa unha nova campaña de Nadal para dinamizar o comercio de proximidade en Vigo

A delegada territorial, Ana Ortiz, participou este venres na presentación da segunda parte da iniciativa “Nadal en Zona Náutico”