Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor o papel das agrupacións europeas de cooperación territorial na promoción da colaboración transfronteiriza
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na inauguración do ‘Encontro AECT Ibéricas 2025’, con representantes de organismos creados nas fronteiras de España con Portugal e Francia
A Xunta destaca o papel do Consello Galego de Seguridade industrial como canle de comunicación coas empresas
O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, e a directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participaron nunha nova reunión deste órgano creado o ano pasado
A Xunta abre mañá o prazo para formalizar a matrícula nas escolas infantís da rede pública autonómica
O Executivo galego lembra que as familias poderán presentar a documentación ata o día 13 de xuño
A Xunta destaca a xenerosidade e a entrega do persoal voluntario de Protección Civil a prol da prevención e a seguridade cidadá
O director xeral de Emerxencias e Interior recolleu no nome do presidente do Goberno galego a máxima condecoración da Asociación Nacional de Protección Civil de España en Galicia e participou no encontro provincial destes colectivos na Coruña
A Xunta reúne 225 profesionais de toda a península na 12ª feira ‘Galicia Escena PRO para impulsar a contratación de espectáculos galegos
O público xeral poderá acceder de balde á representación das 21 montaxes de teatro, danza e circo contemporáneo que constitúen o núcleo central da programación
A Xunta publica a convocatoria para financiar proxectos de investigación universitaria en materia de cooperación para o desenvolvemento no marco da Axenda 2030
O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a orde, dotada con 200.000 euros, dirixida a grupos e centros de investigación das universidades galegas, que poderán presentar as súas solicitudes desde mañá
A Xunta enxalza o labor da Asociación de Viúvas de Galicia á hora de visibilizar o papel das mulleres na sociedade actual
A conselleira de Política Social e Igualdade sinalou que esta entidade é un referente no asociacionismo feminino e no envellecemento activo
A Xunta fornece a programación cultural de Vigo apoiando con 30.000€ as actividades da Asociación Evame-Oroza para este 2025
López Campos destaca que servirá para impulsar o Premio Internacional de Poesía e a súa Gala e tamén o Festival ‘Expandido Máis Alto’, entre outras accións