Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 911 novas da área temática Emerxencias e interior:

20/05/2025 | 11:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta informa de que o 112 Galicia e o 061 prestan servizo con normalidade pese aos problemas derivados de causas alleas ao servizo

A actualización da rede de fibra intelixente da compañía provocou desde a madrugada incidencias nas chamadas desde móbiles desta compañía a centros 112 e de atención sanitaria de toda España 

19/05/2025 | 11:29 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 65 persoas por 54 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 16 de maio, ata as 23,59 horas do domingo, 18 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 68 chamadas por accidentes de tráfico

19/05/2025 | 10:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Preto de 190 agrupacións de voluntarios de protección civil benefícianse do apoio da Xunta para os seus gastos de funcionamento

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de subvencións dotada con 370.000 euros 

17/05/2025 | 20:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa a alerta laranxa para mañá por chuvia e treboadas no centro e sur da provincia de Lugo

Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal)

14/05/2025 | 14:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa na simulación dun incendio nivel 2 no concello de Ourense

O director xeral de Emerxencias e Interior e o director xeral de Defensa do Monte participaron xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense na coordinación do operativo

12/05/2025 | 16:27 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avalía as medidas precisas para garantir o mantemento dos servizos básicos galegos no caso dun novo apagamento

O Consello do Goberno galego analizou propostas nas diferentes áreas co obxectivo de asegurar a atención á cidadanía