Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e o concello de Pantón avalían a mellora do saneamento en varios núcleos da parroquia de Tuiriz, cun investimento previsto de arredor de 500.000 euros
Ángeles Vázquez informou ao rexedor de que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático emitiu o informe ambiental estratéxico (IAE) correspondente ao Plan básico municipal (PBM) do concello
A Xunta pon en valor o remate do acondicionamento da parcela exterior do novo centro de día e fogar residencial da Lama
O Goberno galego destinou un total de 300.00 euros a financiar a construción deste recurso de titularidade municipal e que está en funcionamento desde finais do ano pasado
A Xunta constituirá a vindeira semana a Mesa do Diálogo Social para abordar as primeiras medidas en relación ao absentismo e ao benestar laboral
José González apela a ir implantando melloras para reducir o impacto do absentismo como a nova Estratexia de Benestar Laboral, no marco do Diálogo Social que se vén de institucionalizar e do proceso de deseño do plan integral anunciado polo presidente
A Xunta adxudica por máis de 2,4M€ a renovación do firme en tres estradas de titularidade autonómica ao seu paso por cinco concellos da provincia de Lugo
As intervencións centraranse nas estradas LU-021, LU-115 e LU-541, nos seus percorridos polos municipios de Lugo, Vilalba, Castro de Rei, Begonte e Outeiro de Rei
O avance nas obras da Xunta da nova pasarela peonil na OU-150 en Cudeiro, no concello de Ourense, fará necesario o corte do trafico este vindeiro martes
Tratase de levar a cabo a montaxe dunha pasarela na contorna do punto quilométrico 1+000 da OU-150, independente da ponte actual, que salva o paso sobre o rego Val dos Gozos
A Xunta adxudica por máis de 200.000 euros as obras de mellora da seguridade viaria na intersección da estrada autonómica PO-255 en Covelo
Actuarase na intersección en "T" entre esta estrada autonómica e a estrada provincial EP-5104, dando maior visibilidade ao vehículos nos xiros á esquerda, reforzando a seguridade viaria e facendo máis cómoda a circulación
A Xunta pon en valor a planificación e o investimento récord de 71,5M€ na seguridade e conservación das vías de titularidade autonómica
A directora da AXI sinala que o significativo incremento nas partidas destinadas á conservación ordinaria e á vialidade invernal, así como ao Plan de reforzos de firme, que contará este ano con 27M€
A Xunta investirá máis de 3,6 millóns de euros na mellora da seguridade viaria da PO 533 ao seu paso por Lalín, Rodeiro e Dozón
Os traballos inclúen a mellora do firme, das áreas de servizo e da sinalización vertical
A Xunta pídelle a Aena esforzo investidor nos aeroportos galegos acorde coas necesidades da comunidade
A directora xeral de Mobilidade e o director de Turismo de Galicia participaron hoxe na reunión do Comité de Coordinación Aeroportuaria de Galicia
Belén do Campo anuncia un investimento de preto de 514.000€ para o reforzo do firme na AC-440 ao seu paso polo concello de Muxía
A representante do Goberno autonómico destacou que esta intervención permitirá actuar ao longo de máis de 9,13 quilómetros, renovando unha infraestrutura moi utilizada tanto polas veciñas e veciños como polos numerosos vehículos que circulan diariamente cara ao litoral muxián