Actualidade
Buscador de novas
A Xunta dá luz verde ambiental a un proxecto para a valorización de residuos da construción, en Teo
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta convoca axudas para actuacións de conservación e mellora das árbores e formacións senlleiras de Galicia por un importe global de 90.000 €
Poderán chegar a cubrir ata o 100% do custo das actuacións subvencionables, cun límite de 4.500 € por árbore e de ata 8.000 € no caso das formacións
Galicia mantivo durante o ano 2024 unha boa calidade do aire en zonas urbanas, rurais e industriais
O informe anual elaborado por MeteoGalicia conclúe que ningunha das estacións da Comunidade superou os valores límite para a protección da saúde humana e apunta tamén a unha lixeira mellora nos resultados con respecto ao ano anterior
A Xunta adxudica a construción da nova estación depuradora de augas residuais de Barro por un importe de preto de 3 M€
Esta nova infraestrutura dará servizo a unha poboación equivalente de 2.631 habitantes con horizonte no ano 2044
A Xunta e as empresas de xardinería avalían fórmulas para a xestión circular da biomasa vexetal
Ángeles Vázquez compromete o apoio da Consellería ao congreso que o sector do paisaxismo e da xardinería teñen previsto celebrar en 2026 en Galicia
A Xunta expón aos concellos incluídos na proposta da oitava reserva de biosfera os avances da candidatura que se presentará ante a Unesco
Marisol Díaz explicou os efectos deste recoñecemento que promove o equilibrio entre a protección dos recursos naturais e o avance socioeconómico desas contornas
Ángeles Vázquez salienta que Galicia envía a vertedoiro apenas o 27% dos residuos, 20 puntos menos que a media española, e avanza cara ao vertido técnico cero
O Executivo autonómico pon en valor que a comunidade é unha das máis sostibles de España na xestión dos refugallos grazas á súa aposta clara pola transformación dixital e a mellora continua de todos os procesos
A Xunta realiza labores de conservación fluvial en 5 km dos ríos Miñor e Zamáns, no Concello de Gondomar
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de 11 semanas e inclúen a retirada tanto de árbores caídas como de biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos
A Xunta e a CEG estudan posibles modificacións do procedemento administrativo ambiental para axilizar e simplificar a tramitación dos proxectos
Ángeles Vázquez explica que ese é o obxectivo da futura Lei de administración ambiental simplificada, cuxo anteproxecto está en fase de información pública
A Xunta e o tecido empresarial galego reúnense nunha mesa de expertos que identifica as prioridades para avanzar na economía circular no eido industrial
María José Echevarría destaca que desde o mes de marzo as empresas galegas teñen á súa disposición as Oficinas de Economía Circular Industrial, onde poden atopar asesoramento técnico e gratuíto sobre xestión e clasificación de residuos