Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 718 novas da área temática Transporte:

05/02/2025 | 12:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta advirte de que o novo mapa concesional de transporte por estrada proposto polo Goberno central desconectará o rural galego da rede estatal

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, sinalou hoxe no Parlamento galego que a medida que pretende “impoñer” o Executivo estatal “sen diálogo coas comunidades” provocará desigualdades territoriais coa supresión de servizos, paradas e tráficos que deixarán illados a máis de 130.000 persoas usuarias en Galicia

30/01/2025 | 13:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta atende as demandas trasladadas polo Concello de Vilalba e implementa melloras no transporte escolar

O Goberno galego escoita as demandas relativas a tres centros que dan servizo ao municipio, garantindo prazas suficientes e optimizando rutas para maior eficiencia

29/01/2025 | 11:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 7 ofertas para renovar o firme de 5 estradas en 11 concellos da área de Pontevedra e da comarca do Salnés, cun investimento de 3,3 M€

Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas PO-226, PO-303, PO-307, PO-308 e PO-550, que discorren polos concellos de Cuntis, Moraña, Barro, Poio, Sanxenxo, Meaño, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, O Grove, Cambados e Ribadumia

29/01/2025 | 10:54 | C. do Medio Rural

O DOG publica o Plan Camiña Rural, dotado con preto de 19,5 M€ para renovar camiños e mellorar a competitividade das explotacións agrarias

O obxectivo deste programa é financiar as actuacións de mellora e mantemento dos camiños municipais que dan acceso a parcelas agrícolas

28/01/2025 | 13:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta esíxelle ao Goberno central a celebración da Conferencia Sectorial de Transportes para abordar asuntos como o mapa concesional

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, participou hoxe en Madrid na Comisión de directores xerais de Transporte do Estado e das Comunidades Autónomas coa demanda da convocatoria urxente da conferencia sectorial, que non se celebra desde xullo de 2022

27/01/2025 | 11:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lembra aos taxistas que poden solicitar as axudas para a adquisición de vehículos ata o 14 de outubro

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, lembrou que o Goberno galego vén de publicar as axudas deste ano por importe de 500.000 euros e con achegas de ata 10.000 euros

26/01/2025 | 12:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola colaboración entre Galicia e o Norte de Portugal para reivindicar a mellora das conexións ferroviarias entre ambos territorios

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, recibiu esta semana a representantes da Asociación Española del Transporte, que lle presentaron un estudo sobre os tráficos portuarios en Galicia e o Norte de Portugal

24/01/2025 | 10:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concede máis de 8 M€ a máis de 500 axudas para a transformación e a modernización e dixitalización das frotas de transportes de viaxeiros e de mercadorías

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións das subvencións outorgadas no último trimestre do ano en ambas convocatorias

22/01/2025 | 10:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta prorroga o convenio coa Fábrica Nacional de Moeda e Timbre para a subministración de tarxetas de tacógrafo dixital e de cualificación profesional dos condutores

Segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia o Goberno galego realizará unha achega económica anual de case 285.000 euros para financiar a fabricación e a entrega destes dispositivos para 2025