Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.868 novas da área temática Áreas temáticas:

25/09/2026 | 13:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras doutra promoción de 48 vivendas de promoción pública en Pontevedra, das que o 30% se destinará a compra para persoas entre 36 e 45 anos con fillos ou dependentes ao seu cargo

Trátase dun inmoble, de baixo e 6 alturas, con vivendas exteriores de 2, 3 e 4 dormitorios que coidan especialmente a eficiencia enerxética

25/09/2026 | 13:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Manuel Pardo pon en valor os máis de 840.000€ que a Xunta destina en actuacións de mellora do plan Ben_Estar en 40 centros educativos ourensás

O delegado da Xunta explicou que os traballos consistiron na reparación da cuberta mediante a colocación de chapa simple sobre parte da cuberta existente, e na execución de todos os remates necesarios para garantir a correcta estanquidade da infraestrutura e a adecuada evacuación das augas pluviais

25/09/2026 | 13:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo erixe a exposición do Centro Galego de Arte Contemporánea sobre Kounellis como mostra da implicación de Galicia en proxectos internacionais

A entidade museística da Xunta exhibirá, ata o 24 de xaneiro de 2027, o legado do máximo expoñente da ‘Arte Povera’ e un dos creadores máis relevantes do século XX

25/09/2026 | 12:59 | C. do Mar

Villaverde leva ás confrarías de Lugo ‘Muller, mar e liderado’ para reforzar a participación feminina na toma de decisións do sector

A conselleira do Mar inaugurou a terceira xornada da iniciativa, que esta semana chegou ao resto das federacións provinciais de confrarías

25/09/2026 | 12:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reúnese con concellos e outros axentes do ecosistema galego de I+D+i para definir o Plan Local De I+D+i

A sesión de hoxe pecha unha rolda de reunións nas catro provincias galegas co obxectivo de construír dun xeito colaborativo este documento marco que permitirá aos entes locais identificar desafíos concretos e articular solucións innovadoras adaptadas ás súas necesidades

25/09/2026 | 12:54 | C. de Economía e Industria

Lorenzana pídelle a Alcoa que poña data ao inicio da construción do forno de ánodos

Remarca o carácter “estratéxico” e “imprescindible” que ten esta infraestrutura para que a planta poida seguir funcionando e producindo aluminio

25/09/2026 | 12:50 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta pon en marcha un programa para impulsar o emprendemento xuvenil e o uso de tecnoloxías dixitais innovadoras

Lara Meneses salienta a importancia de que a xente moza saiba manexar estas ferramentas como “aliadas en propiciar oportunidades de empregabilidade”

25/09/2026 | 12:47 | C. do Medio Rural

A Xunta financia nas Somozas unha instalación de subministración de combustible para vehículos agrícolas a través do programa Leader

A delegada de Ferrol, Martina Aneiros visitou esta mañá acompañada polo alcalde Juan Tembrás as instalacións promovidas por unha empresa de servizos agrícolas e forestais da zona