Actualidade
Buscador de novas
A Xunta impulsa en Chantada as xornadas ‘Entrelazar’ centradas no oficio da cestería e na relación entre material, territorio e creación contemporánea
A Fundación Artesanía de Galicia organiza a 3ª edición deste encontro que se celebrará os días 27 e 28 de setembro en San Cristovo de Mouricios
A Xunta pon en valor a campaña ´O noso comercio é vida. Vive Ribadeo´ dentro das iniciativas extraordinarias de dinamización dos centros comerciais abertos
O director xeral de Comercio e Consumo participou hoxe na clausura desta campaña da Asociación de Comerciantes Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, no marco da iniciativa da Xunta O teu comercio local é extraordinario
A Xunta supera os 4.600 proxectos atendidos na Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que conta con 15 centros espallados polo territorio
En concreto, hai oficinas en Ferrol, Coristanco, Melide, Vilanova de Arousa, Silleda, O Porriño, Friol, Mondoñedo, A Fonsagrada, Sarria, Monforte de Lemos, Verín, O Carballiño, O Barco de Valdeorras e Baños de Molgas
A Xunta pon en marcha a sétima edición do programa ´Merca no teu comercio´ para impulsar o sector en novas localidades das catro provincias
Do 1 ao 15 de setembro desenvolverase esta acción dinamizadora nos concellos de Miño, Pontedeume, Poio, Meaño, Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros, A Pobra de Trives, A Teixeira, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Parada de Sil e San Xoán de Río
A Xunta apoia en Xinzo a VI Feira do Comercio Prolimia para reforzar o consumo de proximidade e impulsar a dinamización económica local
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu esta mañá á inauguración do evento, apoiado pola Xunta no marco das axudas aos centros comerciais abertos
Medio Rural promociona os produtos agroalimentarios con selo de calidade diferenciada con mercados en Viveiro e Ribadeo
Desde este venres ao domingo celebrarase o Mercado de Experiencias de Calidade nos xardíns de Noriega Varela en Viveiro, con amplo programa de actividades ao longo das tres xornadas
A Xunta entrega en Burela os premios da cuarta campaña do programa 'Merca no teu comercio' en Lugo concibida para impulsar o comercio local no rural
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe no acto que —ademais de Burela— implica os concellos de Xove, O Vicedo, Viveiro e Cervo