Actualidade
Buscador de novas
Rueda informa de que mañá se retomará a actividade lectiva nos centros educativos e escolas infantís
Anuncia que o Goberno central vén de confirmar o regreso ao nivel 2 do Platerga, tal e como solicitara Galicia
Galicia encamiña a recuperación da normalidade nunha xornada na que os servizos públicos funcionaron sen incidencias de peso
A Xunta manifesta o seu interese de regresar ao nivel 2 de emerxencia e recuperar o control da coordinación
Rueda anuncia que Galicia solicitará ao Goberno central rebaixar a emerxencia a nivel 2 tras recuperarse o 97% do subministro na comunidade
Asegura que só hai 52.000 subministracións aínda sen luz e que se traballa para recuperala o antes posible
A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia esclarece catro incendios forestais na área de Santiago de Compostela
Un incendio intencionado, un lume accidental ao calcinarse un tractor e dúas queimas de material agrícola sen as debidas medidas de seguridade foron as causas dos incidentes
A Xunta activa a alerta laranxa para mañá por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra
Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese
Case 600 persoas aspirantes a auxiliares de policía local realizarán os primeiros exercicios do proceso selectivo o 2 de maio en Silleda
O Diario Oficial de Galicia publicou o nomeamento do tribunal que cualificará o proceso e a próxima semana darase a coñecer a listaxe definitiva de persoas admitidas para o acceso por oposición libre
A Xunta reforza o equipamento de diversos GES coa entrega de vehículos valorados en 1,7 M€
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na cesión de autobombas rurais pesadas aos Grupos de Emerxencias Supramunicipais con sede na Estrada, A Pontenova, Avión, Muíños e no Barco de Valdeorras, e de furgóns de servizos varios aos que xa teñen en Lalín, O Pereiro de Aguiar e Terras de Celanova
A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia esclarece dous incendios forestais nos concellos do Barco de Valdeorras e do Bolo
Ambos os lumes debéronse a escapes de queimas de restos agrícolas realizadas sen as medidas de seguridade precisas
A Xunta promove esta semana a II Feira de Educación, Formación e Emprego de Lugo
A cita, que se celebrará os días 9 e 10 de abril con máis de 6.000 persoas, forma parte do novo calendario de feiras Galicia Educa