Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 656 novas da área temática Consumo:

25/10/2024 | 15:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta resalta en Sagunto a aposta estratéxica de Galicia polo comercio local como eixo fundamental de desenvolvemento social e económico

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou no XII Congreso Internacional de Cascos Históricos para poñer en valor o papel do comercio no dinamismo de barrios, vilas e cidades

24/10/2024 | 14:49 | C. do Medio Rural

A cuarta feira ‘L de Lugo’ exaltará a gastronomía lucense os días 27 e 28 de outubro co apoio da Xunta

A cita, organizada por Adislugo, contará con máis de cen expositores no Pazo de Feiras e Congresos

20/10/2024 | 10:41 | C. do Medio Rural

Medio Rural apoia a presenza da IXP pan galego no San Froilán para promover o seu consumo

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria colabora con esta indicación xeográfica protexida para favorecer a súa presenza nas casetas do polbo do San Froilán en Lugo, que estarán abertas todo este mes, así como en restaurantes da cidade

18/10/2024 | 12:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destina 1 M€ nas contas de 2025 para cofinanciar as obras que reactivarán a Praza de Abastos nº1 de Ourense

Trátase dun paso máis do compromiso do Goberno galego para desbloquear o retorno dos praceiros e reabrir canto antes esta infraestrutura con todas as garantías

17/10/2024 | 21:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a formación especializada para avanzar na modernización do comercio local e na súa adaptación ás novas tendencias de consumo

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu á formación realizada no Carballiño no marco do programa Adapta local, en colaboración con APE Galicia

15/10/2024 | 18:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avanza na colaboración cos centros educativos para trasladar á mocidade a normativa e os dereitos en materia de consumo

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, recibiu ao alumnado de Formación Profesional do centro IES Fernando Wirtz da Coruña na súa visita ao Instituto Galego do Consumo e da Competencia

11/10/2024 | 12:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza o seu compromiso cos mercados e prazas de abastos con medidas específicas para o seu impulso no futuro Plan estratéxico de comercio

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou a Praza de Abastos de Chantada no marco do proceso de escoita activa aberto polo Goberno galego para potenciar a competitividade de todo o sector