Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.199 novas da área temática Sanidade:

30/01/2026 | 12:00 | C. de Sanidade

Máis de 38.000 persoas xa participaron no ensaio clínico Sincigal, que avalía a redución de ingresos en adultos grazas á vacina fronte ao virus respiratorio sincitial

Esta fin de semana repítese a convocatoria extraordinaria para participar no estudo, sen cita previa, nos 14 hospitais do Servizo Galego de Saúde

29/01/2026 | 19:03 | C. de Sanidade
29/01/2026 | 14:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Agolada mellorará a eficiencia enerxética do centro de saúde grazas a unha achega da xunta de preto de 120.000 euros

O delegado territorial destacou a importancia de levar a cabo obras que diminúan os gastos correntes dos concellos, así como o seu impacto ambiental

29/01/2026 | 13:49 | C. de Sanidade

A onda epidémica de gripe baixa a intensidade basal con tendencia decrecente

De manterse este escenario durante dúas semanas, prevese a finalización da onda estacional de gripe

29/01/2026 | 13:43 | C. de Sanidade

O programa Hermes, de integración entre atención primaria e hospitalaria, permitiu resolver desde o centro de saúde de Vilalba máis de 800 actos asistenciais

Grazas a esta iniciativa do Servizo Galego de Saúde, moitas das consultas que antes obrigaban ao paciente a ir fisicamente ao hospital, agora resólvense desde o propio centro de saúde co apoio directo do especialista

29/01/2026 | 12:47 | C. de Sanidade

A Xunta incorporará neste 2026 algoritmos de intelixencia artificial para apoiar a análise de preto de 1,8 millóns de imaxes clínicas

A previsión é que de xeito anual se poidan analizar 1,5 millóns de radiografías de tórax, 150.000 imaxes de cribados citolóxicos, 100.000 imaxes oftalmolóxicas e 40.000 imaxes anatomopatolóxicas para a detección de cancro de mama e próstata

29/01/2026 | 12:08 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde publica o nomeamento das profesionais seleccionadas nas categorías de técnica superior en dietética e técnica superior en imaxe para o diagnóstico

O Diario Oficial de Galicia recolle a adxudicación de destino definitivo, como persoal estatutario fixo, de profesionais seleccionadas por concurso de méritos

29/01/2026 | 10:29 | C. de Sanidade

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue inicia a campaña educativa sobre doazón de medula ósea en centros de ensino de Galicia

Mesas informativas e charlas forman parte do programa didáctico impulsado pola ADOS para dar a coñecer este xeito de doazón entre os máis novos e novas

28/01/2026 | 17:36 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca o labor dos profesionais implicados na elaboración dos 3.750 menús que saen cada día da cociña do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña

O conselleiro detalla que as dietas se elaboran en función das indicacións clínicas específicas de cada paciente, por parte de profesionais titulados e cualificados, supervisando os menús elaborados en coordinación co resto do equipo asistencial