Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 658 novas da área temática Auga:

07/03/2025 | 12:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza na ampliación da estación de tratamento de auga potable de Padrón co obxectivo de rematar as obras nun ano e dar servizo a unha poboación potencial de case 90.000 persoas

Cun investimento de preto de 9 M€, Ángeles Vázquez salienta a transcendencia desta actuación para mellorar o abastecemento da marxe dereita da ría de Arousa

06/03/2025 | 13:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon á disposición dos concellos galegos case 7,5 M€ en axudas para mellorar os servizos de saneamento e abastecemento municipais

Por primeira vez, o organismo hidráulico ofrecerá apoios ás entidades locais para a redacción dos seus propios plans de abastecemento autónomo e achegas para fomentar a instalación de foxas sépticas en núcleos de poboación rurais illados

02/03/2025 | 17:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita o contrato de asistencia técnica para a vixilancia e seguimento de vertidos de augas residuais na demarcación Galicia-Costa por valor de 3,3 M€

As empresas interesadas en prestar o servizo teñen de prazo ata o 25 de marzo para presentar as súas propostas

01/03/2025 | 13:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta recupera a contorna fluvial do río Lérez, en Pontevedra, coa plantación de especies autóctonas de ribeira e a eliminación de invasoras

Ángeles Vázquez explica que se actuou nunha superficie de 13,5 hectáreas nun tramo de 3,5 quilómetros co obxectivo de dotar á veciñanza da cidade dun espazo de lecer verde moi próximo aos seus domicilios

25/02/2025 | 17:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta lembra que son os técnicos os que determinan se proxectos industriais como o de Altri son viables ou non e insta a deixalos traballar sen presións

Ángeles Vázquez defendeu o labor escrupuloso, rigoroso e exhaustivo que realizan os profesionais do Executivo galego e incidiu en que o procedemento ambiental ao que se someten este tipo de iniciativas é totalmente garantista

25/02/2025 | 13:35 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda pon en valor os 6,3 M€ que destina a Xunta ás actuacións para reducir o risco de inundacións en Carballo

Salienta que estas obras supoñen “un antes e un despois” e unha mellora “significativa” da seguridade na localidade

23/02/2025 | 10:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta remata en Valga as obras para reducir o risco de inundación na contorna do parque Irmáns Dios Mosquera cun investimento de 280.000 euros

As actuacións, cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, buscan incrementar a capacidade hidráulica da canle fluvial do río Valga e minimizar a posibilidade de que se produzan asolagamentos

18/02/2025 | 14:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inicia os traballos de restauración fluvial da bacía do río Umia cun investimento de 2 M€ e a previsión de plantar preto de 7.000 árbores

As actuacións incidirán nun tramo de 23 quilómetros do río Umia e nos 15 quilómetros do río Gallo contribuíndo a mellorar o comportamento da zona ante episodios de inundacións por intensas choivas

17/02/2025 | 17:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Mondariz-Balneario recibe 45.000 euros para minimizar as perdas de auga no concello

Esta liña de axudas deixou na provincia de Pontevedra máis de 400.000 euros e beneficiou a 11 concellos

16/02/2025 | 09:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destinará case 4 M€ a garantir a explotación e mantemento das depuradoras de augas residuais de Cambados, A Illa de Arousa, Meaño e Ribadumia

O contrato inclúe os traballos necesarios para que as instalacións se manteñan en condicións óptimas de funcionamento e cumpran os obxectivos de depuración