Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 830 novas da área temática Territorio:

05/09/2025 | 12:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
31/08/2025 | 14:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta outorga autorización ambiental integrada ao proxecto para incorporar unha planta de fundición ás instalacións de Aluminios Cortizo en Coirós

Con esta resolución dáse por completada a tramitación ambiental da iniciativa por parte da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

03/08/2025 | 12:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 310.000 euros a execución das obras dunha glorieta e de mellora do firme no acceso a Cequeliños, en Arbo

Os traballos levaranse a cabo na zona que vai do acceso a Mandelos ata o acceso ao lugar de Cequeliños e consistirán na dotación dunha glorieta

03/08/2025 | 12:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 327.000 euros as obras de recuperación de espazo para uso peonil no entorno da Igrexa de Santa María de Sacos, en Cerdedo-Cotobade

A zona abarca dous ámbitos de actuación: unha ampla zona aberta a carón do adro da igrexa parroquial e un treito da vía de acceso a Vila de Abaixo

03/08/2025 | 11:49 | Axencia de Turismo de Galicia

Os Concertos do Xacobeo presentan máis de 40 novos eventos de música en directo este mes de agosto

A través deste programa, a Xunta de Galicia dálle cobertura á celebración das citas musicais máis relevantes e singulares da comunidade

02/08/2025 | 15:31 | Axencia de Turismo de Galicia

O Porto Náutico de Portosín loce bandeira azul e os distintivos de Q de Calidade e S de Sostibilidade na súa aposta pola promoción do turismo náutico

Xosé Merelles participou no acto de izado e tamén na bendición de novas embarcacións de recreo do Real Club Náutico de Portosín

02/08/2025 | 12:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará o luns as obras de conservación e reforzo de firme na autoestrada autonómica do Val Miñor

Comeza a campaña deste ano de mellora de firmes na autoestrada AG-57 Vigo-Baiona, e prolongaranse durante toda a semana, ata o venres día 8

31/07/2025 | 17:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Arnoia súmase ao programa da Xunta de solos de titularidade municipal para a construción de vivenda protexida

O convenio co Concello de A Arnoia é o segundo que se asina, tras o rubricado co Concello das Pontes a finais de maio deste ano

31/07/2025 | 13:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
29/07/2025 | 15:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez salienta o gran potencial de Galicia para atraer empresas e proxectos innovadores que sexan referentes en materia de economía circular

Subliña que a empresa tramita unha ampliación das actuais instalacións en Palas que permitirá quintuplicar a produción de larvas de mosca soldado negra para consolidar a súa posición neste sector e pechar todo o proceso industrial na propia Comunidade