Actualidade
Buscador de novas
Fabiola García avanza que o programa de vacacións familiares en residencias de tempo libre da Xunta ofrecerá 2.415 prazas neste 2025
A convocatoria publicarase este mércores no Diario Oficial de Galicia, de maneira que o prazo abrirá o xoves 8 e permanecerá aberto ata o 21 deste mes
Rueda anuncia que a Xunta reforzará a súa Estratexia contra a soidade non desexada con novas medidas coma redes de apoio local ou un teléfono específico
Salienta que o obxectivo destas redes será “detectar situacións de vulnerabilidade ou illamento entre persoas maiores”
A Xunta resolve máis de 32.000 expedientes de dependencia e discapacidade nos catro primeiros meses de aplicación do plan de axilización
Este impulso ás valoracións no primeiro cuadrimestre supón un incremento do 70% con respecto ao mesmo período de 2024 e débese, en gran medida, á redución ao máximo dos trámites
A Xunta financiará máis obras de mellora na súa residencia e centro de día de Taboadela
Asinarase un novo convenio de colaboración co concello, que é o propietario da edificación, para executar a intervención, que ten un orzamento de case 50.000 euros
A Xunta participa nunha xuntanza de maiores do concello de Monterrei
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, puxo en valor este tipo de encontros que fomentan o papel activo das persoas maiores na sociedade
Fabiola García destaca o labor dos profesionais das residencias de maiores durante o apagamento eléctrico
No caso concreto da residencia de Lalín, realizouse un control e seguimento da situación durante toda a xornada e, ademais, foille subministrado un xerador