Actualidade
Buscador de novas
A Xunta protexe os intereses de Galicia no debate orzamentario da Unión Europea
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, presidiu hoxe o padroado da Fundación Galicia Europa, no que tamén participou o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos
A Xunta achega 95.000 euros ao Concello de Viveiro para ampliar a maquinaria de obras municipais
O delegado territorial, Javier Arias, explica que o Goberno galego financiou a adquisición dunha retroescavadora con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental deste ano
A Xunta insiste na falta de información e de análise para previr futuros apagamentos xerais como o acontecido en abril deste ano
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participa na Conferencia Sectorial para Asuntos de Seguridade Nacional, onde as comunidades autónomas manifestaron a súa queixa pola falta de reunións inmediatas ás incidencias do último ano
A Xunta denuncia o recorte do Goberno central en políticas de igualdade reducindo os fondos do Plan Corresponsables e sobrecargando ás comunidades
A directora xeral de Promoción da Igualdade lembrou no Parlamento que este exercicio Galicia perdeu 2,3M€ que tiña comprometidos para actividades de conciliación
A Xunta alerta sobre a paralización de proxectos fundamentais para Galicia pola falta de orzamentos do Estado
O Goberno galego lembra que a carencia de contas desde 2022 incumpre un mandato constitucional e non debe normalizarse
Belén do Campo supervisa as melloras na envolvente da Casa do Concello de Teo que contaron cunha achega da Xunta de máis de 32.000€
A delegada da Xunta, acompañada pola alcaldesa de Teo, Lucia Calvo, subliñou que estas achegas enmárcanse no compromiso da Xunta co eido local, especialmente cos municipios de menor poboación, xa que están destinadas a localidades de menos de 30.000 habitantes
López Campos traslada a importancia de adaptar a Lei de Patrimonio Cultural para axilizar trámites e garantir unha protección máis eficaz
O titular de Cultura explica que o obxectivo destas modificacións recollidas na Lei de acompañamento aos Orzamentos é desburocratizar os procedementos e reducir así os tempos de espera por parte da cidadanía e as institucións
Belén do Campo destaca que a Xunta aprobou tres axudas para os concellos da comarca de Arzúa para que melloren as súas infraestruturas turísticas por importe de 90.000 €
A delegada da Xunta explicou que o Concello de O Pino recibiu 30.000 euros para levar acabo intervencións de embelecemento dos accesos ao Camiño Francés, nun traxecto total de 10,1 quilómetros