Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 601 novas da área temática Portos:

27/01/2025 | 14:37 | C. do Mar

A Xunta renova a súa alianza coa DOP Mexillón de Galicia para afondar na promoción e comercialización do produto estrela da acuicultura galega

O conselleiro do Mar puxo en valor o labor e traxectoria desta entidade que desde 1994 traballa en favor do recoñecemento da calidade e excelencia deste molusco bivalvo entre produtores, comercializadores e consumidores

27/01/2025 | 14:13 | C. do Mar

Aneiros destaca os preto de 90.000 euros en apoios concedidos pola Xunta á confraría de San Telmo de Mugardos para a mellora dos bancos marisqueiros

A responsable autonómica abordou co responsable da confraría a situación actual da mesma e as súas necesidades

24/01/2025 | 19:06 | C. do Mar

Villares resalta aos Galp como instrumentos esenciais na transformación e dinamización da actividade pesqueira galega

O conselleiro do Mar visita o proxecto financiado pola Xunta, a tavés do Galp Ría de Arousa, e que permitu a adquisición de maquinaria para o marisqueo cunha achega autonómica de máis de 108 mil euros

23/01/2025 | 17:38 | C. do Mar

Villares destaca o auxe da Mariña como destino náutico tras recibir máis de mil barcos en tránsito durante o pasado ano

Os portos autonómicos de Ribadeo e Viveiro rexistraron un incremento interanual do 18% nas embarcacións foráneas cun volume de negocio superior aos 800.000 euros

22/01/2025 | 15:23 | C. do Mar

Portos de Galicia e o Concello de Bueu acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios para a actividade portuaria

O presidente do ente público reuniuse co alcalde para avaliar a delimitación do solo susceptible de volver á titularidade do Estado e no seu caso trasladarse aos Concellos en base aos criterios técnicos consensuados coa FEGAMP

20/01/2025 | 18:34 | C. do Mar

Villares asina un novo convenio de colaboración coa federación galega de redeiras ‘O Peirao’ para apoiar a súa actividade en favor destas profesionais

O conselleiro do Mar puxo en valor esta actividade no marco do sector pesqueiro galego e louvou o traballo desenvolvido por esta entidade na defensa, recoñecemento e mellora das súas condicións laborais

17/01/2025 | 20:03 | C. do Mar

O conselleiro do Mar destaca o valor engadido da colaboración das entidades locais do GALP Costa Sostible na dinamización das zonas costeiras

O conselleiro do Mar clausurou a Xornada de visibilización dos proxectos do Grupo de Acción Local Pesqueira de Fisterra e a ría de Muros Noia executados ao abeiro das convocatorias de axudas de fondos europeos en 2023 e 2024

17/01/2025 | 15:27 | C. do Mar

Portos de Galicia e o Concello de Cambados acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios para a actividade portuaria

O presidente do ente público reuniuse co alcalde para avaliar a delimitación do solo susceptible de volver á titularidade do Estado e no seu caso trasladarse aos Concellos en base aos criterios técnicos consensuados coa FEGAMP