Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo destaca que a Xunta aprobou tres axudas para os concellos da comarca de Arzúa para que melloren as súas infraestruturas turísticas por importe de 90.000 €
A delegada da Xunta explicou que o Concello de O Pino recibiu 30.000 euros para levar acabo intervencións de embelecemento dos accesos ao Camiño Francés, nun traxecto total de 10,1 quilómetros
A Xunta incrementa no 2026 nun 22% o orzamento do IGVS, que acadará a cifra récord de 269 M€
O director do IGVS subliña que dos 269M€ do orzamento, 62,45% corresponden a fondos propios, 168M€, e só o 17% provén de fondos finalistas do Estado
A EGAP analiza co catedrático e xurista Miguel Sánchez Morón a temporalidade do emprego público e as medidas legais para abordalo
A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, inaugurou a conferencia A temporalidade e a estabilización no emprego público: un problema sen resolver
A Xunta e a CCDR-NORTE conmemoran hoxe o Día da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal cunha declaración institucional conxunta
A institución desta data é unha forma de recoñecer o legado histórico do primeiro protocolo de cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal en 1991, con resultados concretos que benefician a 6,2 millóns de habitantes desta Eurorrexión
A Xunta destaca a aposta pola creación, atracción e retención de talento como clave para seguir avanzando na especialización tecnolóxica de Galicia
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corso, inaugurou o VI Foro de responsables autonómicos de digitalización
A Xunta aposta pola actualización continua da formación das forzas e corpos de seguridade que traballan en Galicia
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe na clausura do ‘V Encontro das policías locais de Galicia’, organizado pola asociación Axempol
Belén do Campo destaca que a Xunta apoia con cinco axudas a catro entidades veciñais da comarca do Barbanza a través do plan específico de acción comunitaria con máis de 44.000 euros
As achegas van dirixidas a asociacións veciñais e de mulleres rurais, así como a comunidades de usuarios de augas e poden acadar a totalidade do investimento realizado
A Xunta reforza a batería de medidas dirixidas a formar e reter o talento da mocidade cun investimento total no 2026 de preto de 30 M€
José González explicou que tamén se fortalecerá a formación de talento xunto co tecido local co pulo a ferramentas como os obradoiros e programas integrados de emprego e o Aprol Rural, dotadas cun investimento global no 2026 de máis de 74 M€
Belén do Campo mantén a primeira reunión institucional co novo alcalde de Fisterra tras o seu nomeamento
Durante a xuntanza, analizaron os principais asuntos de interese para o municipio de cara ao remate da actual lexislatura, así como o estado das diferentes actuacións comprometidas pola Xunta de Galicia neste concello