Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 789 novas da área temática i+D+i:

12/02/2025 | 13:47 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria; C. de Sanidade; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda reivindica o liderado de Galicia como a comunidade referente en compra pública de innovación ao captar a metade dos proxectos de toda España

Asegura que isto é un reflexo do que significa “Galicia calidade” e de que a comunidade “é unha potencia tamén en ciencia e I+D”

11/02/2025 | 14:55 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda enxalza a excelencia dos centros da rede CIGUS que suman 1.600 investigadores e captaron 180 M€ para Galicia

Agradeceu o seu labor á hora de construír “unha Galicia potente e de calidade” 

10/02/2025 | 15:23 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia lidera a Compra Pública de Innovación en España ao captar preto da metade dos proxectos e 45,6 M€

O presidente do Executivo autonómico destaca que a Comunidade obtivo financiamento europeo a través da liña FID para nove iniciativas, das cales oito son lideradas pola Xunta

06/02/2025 | 20:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Casa de Galicia en Madrid súmase ás celebracións do bicentenario do matemático Rodríguez cunha mostra sobre a traxectoria deste científico universal

A exposición, que poderá verse ata o 28 de febreiro, está coordinada pola Real Academia Galega de Ciencias en colaboración coa Xunta e o Concello de Lalín que o viu nacer

06/02/2025 | 17:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O conselleiro de Ciencia sitúa os proxectos da empresa Extraco Construcións como exemplo de boas prácticas en innovación e colaboración

A Xunta achega un investimento de máis de 1M€ para a posta en marcha de tres proxectos coa participación de oito empresas e cinco centros de coñecemento

05/02/2025 | 13:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O delegado territorial da Xunta en Ourense sinala ao Polo Creativo do colexio Vicente Risco de Cualedro como un impulso á mellora das competencias tecnolóxicas do alumnado

Manuel Pardo lembrou que os Polos Creativos son espazos educativos innovadores a través dos que se fomenta a creatividade, a resolución de problemas en diversos campos do saber e o desenvolvemento de competencias dixitais, científico-tecnolóxicas e artísticas

05/02/2025 | 13:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contratará máis de 100 novos investigadores predoutorais cunha liña de axudas que supera os 47 M€

A Consellería de Ciencia abre, ata o 4 de marzo, o prazo para que profesionais que inician a súa carreira investigadora teñan un contrato estable ata a lectura da tese

04/02/2025 | 13:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia súmase na Unesco ao Ano internacional da Cuántica en París xunto a máis de 100 países

A Comunidade celebrará numerosas actividades ao longo dos próximos meses para visibilizar a súa forza neste eido a través do Cesga, universidades e empresas 

03/02/2025 | 17:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta dá a coñecer en Francia as oportunidades de atracción e retorno que ofrece Galicia aos investigadores

A Axencia Galega de Innovación e a Secretaría Xeral de Emigración participan na Asemblea Xeral da Sociedade de Investigadores Españois en Francia xunto ás tres universidades públicas de Galicia

03/02/2025 | 15:15 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda anuncia a aprobación do novo plan de I+D+i, que medra un 20% ata os 1.310 M€ con medidas para atraer investigadores e que a ciencia impulse o progreso socioeconómico

Explica que a iniciativa fixa como ámbitos de alto impacto “a biotecnoloxía, a intelixencia artificial, a cuántica e as tecnoloxías limpas”, nos cales Galicia destaca de xeito especial