Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 868 novas da área temática Industria:

14/03/2025 | 14:58 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca “as inmensas posibilidades” do sector aeroespacial en Galicia e anima ás empresas a apostar máis que nunca por esta industria

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe as instalacións da compañía UARX Space en Nigrán

14/03/2025 | 14:02 | C. de Economía e Industria; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental ao proxecto de Greenfiber en Palas de Rei condicionada ás exixencias dos informes sectoriais e da declaración de impacto

Ángeles Vázquez salienta que a declaración de impacto ambiental desta iniciativa é o resultado de 34 informes elaborados de xeito rigoroso e exhaustivo polos técnicos de distintos departamentos cos que se busca garantir a preservación dos valores ambientais, culturais, patrimoniais e socioeconómicos da comunidade

13/03/2025 | 16:49 | C. de Economía e Industria

Xunta e Fundación Inade abordan posibles medidas de seguridade industrial no ámbito das empresas galegas

O encontro enmárcase na rolda de contactos que o Goberno galego está a manter para coñecer de primeira man as demandas dos distintos sectores relacionados con este ámbito

13/03/2025 | 14:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Málaga o impacto do Polo Aeroespacial de Galicia como motor de innovación, competitividade e crecemento económico

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participou en Transfiere Málaga nunha mesa redonda sobre a creación de riqueza nos territorios a través da innovación 

13/03/2025 | 11:16 | C. de Facenda e Administración Pública

Corgos destaca o compromiso da Xunta cunha IA que impulse o desenvolvemento da industria galega

O conselleiro de Facenda e Administración Pública interveu no IA Nexus Business Vigo, Foro: “La IA, tu socio estratégico"

12/03/2025 | 18:32 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia que o Plan director da automoción será aprobado definitivamente no Consello da Xunta do vindeiro luns

Apunta que recolle axudas de 234 M€ dos cales 75 M€ son apoios directos de fondos propios da Xunta para todas as empresas que conforman a cadea de valor do sector en Galicia

12/03/2025 | 16:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta reafirma en Vigo o seu compromiso coa innovación e a loxística para fortalecer a economía galega

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa na primeira edición de Shape Future Galicia e na Xornada de Solucións Tecnolóxicas para Cadenas Globais de Valor

12/03/2025 | 12:59 | C. do Mar

A directora do CETMAR falará sobre economía azul na World Maritime Week, que reúne en Bilbao aos líderes mundiais da industria marítima

Rosa Chapela presentará dous relatorios, un nunha sesión transversal e outro no Eurofishing, un dos catro congresos que se celebrarán do 19 ao 21 de marzo no marco da Semana Marítima Mundial

10/03/2025 | 18:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta anuncia o inicio do trámite de expropiacións para avanzar no proceso de ampliación do parque empresarial de Bertoa

As representantes do Goberno autonómico confirmaron que tamén están en marcha os trámites do proxecto de desenvolvemento, urbanización e parcelamento