Lorenzana reúnese con representantes veciñais de Cerceda para recoller as súas demandas sobre o desenvolvemento enerxético e industrial do concello
2025-07-23
/documents/35297/1791294/23072025+LorenzanaCerceda.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Cerceda (A Coruña), 25 de xullo de 2025
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro con asociacións e representantes veciñais de Cerceda para recoller as súas demandas e inquedanzas sobre o desenvolvemento enerxético e industrial do concello.
Lorenzana, que estivo acompañada polo secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, e polo director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, puxo en valor a importancia da Lei de recursos naturais como garante de que os proxectos que se instalen en territorio galego van xerar beneficios sociais e económicos nas zonas onde se implanten.
Departamento:
C. de Economía e Industria
Data de actualización: 23/07/2025