Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 836 novas da área temática Territorio:

29/06/2025 | 14:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 9 ofertas para as obras de renovación do firme en 5 estradas autonómicas ao seu paso por 12 concellos da provincia da Coruña

O investimento acada os 3,3Me e acondicionarase o firme en varios treitos das estradas AC-840, AC-214, AC-400, AC-223 e AC-231, nos concellos de Bergondo, Cambre, Carral, Abegondo, Mesía, Sobrado, Cerceda, Betanzos, Oza-Cesuras, Vilasantar, Curtis e Oleiros

28/06/2025 | 16:27 | C. do Medio Rural

Bombeiros forestais estonios e dos Países Baixos formaranse en Galicia na prevención e extinción de incendios

A Consellería do Medio Rural acollerá durante os meses de xullo e agosto a tres grupos de bombeiros forestais do norte de Europa dentro do Mecanismo Europeo de Protección Civil

28/06/2025 | 15:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas para a redacción do proxecto para construír 54 vivendas públicas en Valdecorvos, no concello de Pontevedra

Trátase do contrato de redacción do proxecto para construír estas novas vivendas públicas na parcela cedida polo Concello localizada no polígono B1 de Valdecorvos, na rúa Prado Novo nº4 por un importe de 447.715 €

28/06/2025 | 14:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 455.905€ a mellora da rúa Curros Enríquez, no lugar de Feira do Monte, en Cospeito

O obxectivo é ampliación da plataforma e o reforzo do firme, así como beirarrúas e nova iluminación, desta rúa da parroquia de San Xoán de Sistallo, localizada na contorna de protección de Cruceiro do Monte e da Ermida do Monte e, que entronca coa estrada autonómica LU-111

28/06/2025 | 11:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 10 ofertas para as obras do segundo tramo da autovía AG-59, entre Pontevea, en Teo, e O Rollo, na Estrada

O Goberno galego prevé iniciar as obras deste segundo treito no outono, e que estean rematadas en 2028, completando así a autovía ata o concello da Estrada

27/06/2025 | 13:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, destaca a planificación como elemento clave para acadar un territorio ordenado e sostible

Rivas participou no congreso que está a ter lugar en Ourense e que leva por título Tejidos al límite: la planificación como herramienta ante el riesgo

26/06/2025 | 21:39 | C. de Economía e Industria

Lorenzana aposta por unha Galicia conectada que conte coas mellores redes e infraestruturas eléctricas e de telecomunicacións

Subliña que as redes de telecomunicacións, ao igual que as de transporte de enerxía, son infraestruturas críticas, polo que volve advertir sobre a necesidade de que o Goberno as reforce para garantir a viabilidade dos proxectos industriais previstos en Galicia

26/06/2025 | 18:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inaugura en Panamá unha mouteira do Camiño de Santiago xunto ao monumento dos galegos que construíron o Canal

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou o labor da Fundación NosaTerra na difusión da cultura galega e agradeceu o seu compromiso coa preservación da memoria da colectividade galega en Panamá

26/06/2025 | 18:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo urxe ao estado axilizar as actuacións pendentes no eixo atlántico ferroviario entre Ferrol e a fronteira portuguesa

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou hoxe na Tribuna do Círculo de Empresarios de Galicia, onde demandou que Galicia forme parte das prioridades do Goberno central

25/06/2025 | 14:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a nova sede do Instituto de Física de Altas Enerxías como símbolo do compromiso de Galicia coa ciencia e coa investigación de excelencia

Salienta o traballo feito polo IGFAE durante máis de 20 anos e que lle permite traballar “con centros referentes a nivel europeo e mundial”