Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.868 novas da área temática Áreas temáticas:

24/09/2026 | 11:34 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta presenta na Semana da IA de Asturias os sistemas para a detección de incendios e o desenvolvemento de asistentes virtuais

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia falou sobre o modelo de goberno da IA de Galicia, baseado na garantía de intervención humana, transparencia e control dos sistemas que emprega a Administración

24/09/2026 | 11:31 | C. do Mar

A Xunta avanza coas confrarías de pescadores da Coruña no impulso ao liderado e á participación das mulleres en postos de responsabilidade no sector

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, inaugurou a segunda xornada Muller, mar e liderado, dirixida, nesta ocasión a mulleres do mar da provincia da Coruña

24/09/2026 | 11:18 | Axencia de Turismo de Galicia

O Camiño Portugués da Costa supera todos os rexistros históricos con 90.000 peregrinos en 2026 e máis de 10.000 chegados a Vigo desde Estados Unidos

A ruta xacobea enfila a cifra de 100.000 camiñantes tras ratificar que é a que máis crece cun 26% respecto a 2025 e case o 20% de todos os itinerarios

24/09/2026 | 11:04 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 3,1 M€ a subministración de oito novos equipos de mamografía para reforzar o programa de detección precoz do cancro de mama

O novos mamógrafos terán como destino seis hospitais comarcais do Servizo Galego de Saúde, o Hospital Abente y Lago da Coruña e o Hospital Meixoeiro de Vigo

24/09/2026 | 10:59 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 85.000 € a redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra das actuacións de mellora enerxética no Hospital Gil Casares de Santiago de Compostela

O contrato responde á necesidade de cumprir a normativa europea de carbonización, reducir o impacto ambiental, optimizar o gasto en subministracións e garantir o confort dos usuarios

24/09/2026 | 09:26 | C. do Medio Rural

Medio Rural amplía a época de alto risco de incendios forestais deste ano ata o vindeiro 15 de outubro

A Consellería publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución polo que se amplía este período que, inicialmente, remataba o 30 de setembro

23/09/2026 | 20:34 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles destaca a profesionalidade do MICE galego como motor do turismo urbano

Destaca as oportunidades de cidades coma A Coruña, Vigo ou Santiago de Compostela para acoller esta oferta dirixida ao ámbito dos encontros profesionais e de negocios

23/09/2026 | 19:36 | Axencia de Turismo de Galicia

O Outono Gastronómico alcanza a vixésima edición con 20 establecementos de turismo rural adheridos en Lugo

O delegado territorial da Xunta, Alfonso Villares, lembrou que o programa desenvólvese ata o Nadal e contempla ofertas en menús, estadías ou actividades complementarias

23/09/2026 | 19:31 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda participa na inauguración do Mundial de tríatlon que reunirá a 5.400 deportistas de máis de 100 países ata o domingo en Pontevedra

A comunidade recibe á elite dunha disciplina que conta con gran tradición en Galicia e os éxitos internacionais de Iván Raña, Javier Gómez Noya ou Susana Rodríguez Gacio

23/09/2026 | 18:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo preside a Comisión Territorial de Coordinación na que se realizou un seguimento das actuacións do Goberno galego na provincia

A reunión permitiu facer balance da actividade da delegación nos primeiros nove meses do ano, con preto de 300 actos públicos organizados, e analizar os avances en ámbitos como a vivenda, as políticas sociais e a educación