Actualidade
Buscador de novas
Rueda anuncia que a Xunta asinará convenios con 46 concellos por un importe de 5 M€ para paliar os danos ocasionados pola vaga de incendios forestais
O Consello deu o visto e prace á formalización dos acordos, que se enviarán hoxe mesmo ás respectivas administracións locais
A Xunta e o Concello de Cenlle estudan a mellora da rede de abastecemento na parroquia de Laias
Ángeles Vázquez indica que o persoal técnico de Augas de Galicia analizou a documentación aportada polo Concello, e, a continuación, avaliaranse posibles vías de colaboración para acometer o seu financiamento
A Xunta investirá 120.000 € para a mellora da eficiencia enerxética en Pazos de Borbén
Ana Ortiz mantivo este luns unha xuntanza co rexedor, Luciano Otero, no que abordaron a colaboración permanente desde o Goberno galego
A Xunta financia con preto de 922.000 euros do Fondo de compensación ambiental proxectos en 14 municipios da área e a mancomunidade de concellos de Ferrol
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, desprazouse esta mañá ao municipio de Cabanas onde o Concello que vén de adquirir unha miniretroexcavadora e un remolque para levar a cabo tarefas de protección medioambiental
A Xunta reforza a súa aposta pola innovación industrial con cinco novas liñas de apoio que superan os 47 M€ nos Orzamentos de 2026
Os Orzamentos da Consellería de Economía e Industria ascenden a 453,8 M€, un 6 % máis que no pasado exercicio porque, pese a perder 41,7 M€ do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE (MRR), increméntanse os fondos propios
Política Social e Igualdade contará en 2026 cun orzamento histórico de 1.391 M€, que permitirá superar as 100.000 persoas dependentes atendidas
A Consellería sitúase como o departamento da Xunta que máis medra, cunha suba do 5%, o que permitirá reforzar as políticas de atención á dependencia, discapacidade, familia, inclusión e loita contra a violencia de xénero
As medidas tributarias aprobadas polo Goberno galego permitiron aforrar á cidadanía máis de 1.600 M€ desde o 2020
O conselleiro de Facenda e Administración Pública compareceu hoxe na Comisión 3ª do Parlamento para explicar as contas do seu departamento
Galicia únese a outras rexións europeas para salvagardar a competitividade do sector siderúrxico europeo
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou nun seminario do Comité Europeo das Rexións, celebrado en Avilés
Estudantes de 80 centros educativos galegos participaron na semifinal do concurso `Ciberseguridade no cole!´
Os seis centros clasificados participarán na final presencial, que terá lugar o vindeiro 7 de novembro na Cidade da Cultura