Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 777 novas da área temática Xuventude:

29/08/2024 | 14:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o labor da asociación Amicos na concienciación sobre o coidado e protección dos ríos

Roi Fernández enxalza o valor do proxecto Amiríos por combinar a sensibilización sobre a preservación do medio ambiente coa inclusión social dos seus participantes, que se converten en exemplos e referentes para o conxunto da sociedade

29/08/2024 | 13:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rodríguez Miranda destaca o compromiso da mocidade galega no exterior como fundamental para fortalecer os lazos coa nosa terra

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no aeroporto de Alvedro aos beneficiarios do programa Conecta co Voluntariado

28/08/2024 | 11:43 | C. de Economía e Industria

Preto dun cento de mozos e mozas optan ás 50 prazas do programa de bolseiros de internacionalización da Xunta para facilitar ás pemes galegas a saída a novos mercados

O Goberno galego destina 3M€ a unha convocatoria dirixida a estudantes con titulacións universitarias de grao superior, que agora poderán formarse en diferentes destinos mundiais mellorando a súa empregabilidade

27/08/2024 | 13:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o valor da Aula Newton Galicia como impulsora das vocacións científico-tecnolóxicas entre o alumnado galego

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, visitou hoxe as instalacións desta iniciativa de divulgación única en España, que está situada no Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole

27/08/2024 | 13:09 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Unha vintena de nenas e nenos participan nun curso de iniciación ao ‘grappling’ que a Xunta financia con cargo ao Plan Corresponsables

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, acompañou esta mañá aos participantes, durante unha das sesións que se imparten no local da asociación deportiva Sport Fight

27/08/2024 | 12:49 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos destaca os minicampamentos como unha “gran opción para coñecer Galicia e o seu patrimonio”

Xunto coa directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, acompaña á cativada de 9 a 14 anos que goza “de vivir experiencias en contornas naturais e culturais”

27/08/2024 | 10:17 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta pon en marcha unha nova edición do programa “Tech Kids” para impulsar o talento dixital da rapazada

A iniciativa, organizada en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, busca este ano fomentar a colaboración interxeracional

23/08/2024 | 13:12 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta promove o coñecemento do noso patrimonio industrial co campamento ‘A carón da mariña’

A directora xeral de Xuventude acompañou os participantes desta actividade na súa visita ao Museo Histórico de Sargadelos, no municipio lucense de Cervo