Actualidade
Buscador de novas
Estudantes de 80 centros educativos galegos participaron na semifinal do concurso `Ciberseguridade no cole!´
Os seis centros clasificados participarán na final presencial, que terá lugar o vindeiro 7 de novembro na Cidade da Cultura
Rueda salienta a importancia de reforzar o papel das rexións e dos concellos na construción do proxecto europeo
“Queremos contribuír como ata agora a construír unha Europa forte, cohesionada e próxima nas decisións á cidadanía”, indicou
As familias galegas disporán de máis capacidade de gasto no 2026 ao aforrar 793 M€ polos beneficios fiscais, dos que máis do 88 % son de carácter social
O 99 % do orzamento estará sustentado en financiamento ordinario, debido ao descenso dos fondos MRR, e ese reforzo de recursos propios reflectirase, sobre todo, nas políticas de carácter social
Belén do Campo avanza que os orzamentos da Xunta para 2026 destinan preto de 14,8 millóns para o desenvolvemento de vivenda pública e protexida na cidade da Coruña
A delegada da Xunta lembrou que na urbe herculina a Xunta ten en marcha 210 fogares públicos, resultado da construción dos 104 pisos de Xuxán, de 99 vivendas máis previstas na cidade e da rehabilitación dos dous inmobles do programa Rexurbe.
A Xunta reforzará nos orzamentos de 2026 a prevención e a dotación de equipamento para “estar mellor preparados” ante futuras emerxencias
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes avanzou parte dos orzamentos do seu departamento destinados a este ámbito e anunciou que se reservarán 330.000 euros para colaborar cos concellos máis pequenos na redacción dos seus plans de acción municipal fronte incendios forestais
Lorenzana avanza que Lugo será protagonista na Estratexia de Seguridade, Defensa e Aeroespazo, que terá unha partida de 14,8 M€ nos orzamentos de 2026
Anuncia que o Parque Industrial de Rozas acollerá o banco de probas do “Ceo Dixital Europeo” no marco das accións previstas pola Xunta para converter esta infraestrutura nun referente internacional no sector aeroespacial
Allegue anuncia 28 M€ para vivenda en Pontevedra e adianta que a Xunta facilitará a construción de vivenda protexida en solos dotacionais en desuso
Allegue destacou que é a provincia de Pontevedra a que conta co orzamento máis alto da Xunta en materia para vivenda, con 149 M€, dos que 28 M€ terán como destino a cidade do Lérez
A Xunta contempla case 3 millóns de euros nos orzamentos 2026 para melloras nos portos da Mariña lucense
Marta Villaverde detallou as nove actuacións que se recollen para o vindeiro exercicio e que prevén un investimento plurianual de 21 millóns
A Xunta destinará o próximo ano 25,4 M€ a actuacións que mellorarán a calidade das augas na ría de Arousa
Entre as principais actuacións en marcha ou a punto de licitarse na zona destacan a mellora do saneamento de Vilanova-Cambados, que contará con 2 M€ para 2026, e as obras destinadas a optimizar o servizo de depuración de Vilagarcía, con 1,1 M€
Fabiola García anuncia que a Xunta licitará cos orzamentos de 2026 o proxecto para a construción da futura residencia de maiores de Ribeira para a que se reserva un millón de euros
Reafirma o compromiso do Goberno galego con este proxecto despois de que se tivera que desbotar a localización prevista nas Saíñas polos cambios na normativa estatal a causa da DANA