Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.938 novas da área temática Cultura:

17/12/2025 | 13:46 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O festival itinerante 'Galicia Magic Fest' leva a súa gala internacional a 13 localidades galegas co apoio da Xunta

A novena edición desta iniciativa reunirá seis figuras da elite mundial do ilusionismo, entre elas a lenda Juliana Chen, primeira muller en gañar o Gran Premio FISM na especialidade de manipulación

16/12/2025 | 13:56 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O apoio da Xunta aos eventos culturais contribúe a que os visitantes medren un 12% na cidade da Coruña

O director de Turismo de Galicia presentou o espectáculo musical Mamma Mía! que poderá verse no Palacio da Ópera do 16 ao 26 de xullo

16/12/2025 | 12:34 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta recoñece a creatividade da mocidade en galego na entrega dos premios ‘Lingua de Namorar’

O certame ten por obxectivo impulsar o uso do idioma entre a xente moza á vez que fomenta o seu talento literario ao redor de mensaxes vencellados ao amor

16/12/2025 | 10:51 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A convocatoria para a promoción do talento abre con 176.000 euros o programa de axudas que a Xunta destinará ao sector audiovisual en 2026

O Diario Oficial de Galicia publica as bases desta liña de apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

15/12/2025 | 15:42 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Rede Galega de Teatros e Auditorios achégalle unha ducia de propostas escénicas á nova programación cultural do concello de Ames

O circuíto autonómico, cofinanciado polo Goberno galego e os escenarios adheridos, pechará 2025 con 560 funcións de 198 formacións profesionais en 43 concellos, cun investimento conxunto superior aos 2M€

14/12/2025 | 12:08 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Salón Teatro recibe a coprodución do Centro Dramático Galego con Portugal ‘José Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983’

O espectáculo chega a Santiago de Compostela cunha única función o martes 16, ás 20,00 h, trala súa estrea en Porto en novembro e o seu paso tamén por Lisboa

12/12/2025 | 20:06 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo destaca o papel dos museos como axentes de cohesión social e cultural do territorio

O Centro Galego de Arte Contemporánea exhibe nunha mostra o relato colectivo tecido pola veciñanza dos barrios próximos ao centro museístico da Xunta

12/12/2025 | 19:13 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos sinala que o encontro ‘A mente en forma’ sitúa a Galicia “como referente no benestar, a saúde mental e o deporte”

O obxectivo da iniciativa é fortalecer a colaboración entre os diferentes axentes do ecosistema deportivo galego e inspirar á mocidade a través de exemplos reais