Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.306 novas da área temática Deporte:

22/05/2025 | 13:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ribadeo acollerá do 20 ao 25 de xullo un Campus Internacional de Baloncesto co apoio da Xunta

O delegado territorial, Javier Arias, participou na presentación da primeira edición desta iniciativa, que se enmarca nun proxecto impulsado polo exxogador profesional lucense Pablo Ferreiro e o campión da NBA Payton Pritchard

22/05/2025 | 13:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reivindica o seu compromiso coa inclusión nunha nova edición de Sportur centrada nas actividades deportivas adaptadas

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou na inauguración da VIII edición do Salón do Deporte e Turismo Activo ‘Sportur Galicia’

22/05/2025 | 09:29 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta agradece ao Porriño ter levado a bandeira galega “con tanto orgullo” tras proclamarse subcampioas de Europa

O secretario xeral para o Deporte destaca a importancia de que unha vila como Porriño acade unha medalla de prata nunha competición de 64 equipos de toda Europa e asegura ás xogadoras que “para toda Galicia sodes as auténticas campioas”

21/05/2025 | 19:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o potencial do deporte adaptado de en Galicia

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou na Coruña os clubs de ximnasia rítmica Santiago Apóstol e María Barbeito, aos que felicitou polos éxitos deportivos e polo labor de inclusión a través da práctica deportiva 

20/05/2025 | 17:56 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete informa ao Congreso das medidas tomadas en Galicia en prol da carreira dual e da protección social dos deportistas

O secretario xeral para o Deporte reivindicou o modelo galego con fitos como a Oficina de Atención ao Deportista durante a súa participación na subcomisión que ten como obxectivo á creación do futuro Estatuto do Deportista

20/05/2025 | 13:52 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
20/05/2025 | 12:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de 160 ciclistas competirán este domingo na Montefaro Enduro Race 2025 que conta con apoio da Xunta de Galicia

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá no Concello de Ares na presentación desta proba organizada polo Club Pulpeiros e que é puntuable para a Copa de España de BTT Enduro

20/05/2025 | 11:37 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Martina Aneiros anima a solicitar as axudas da Xunta para a adquisición de bicicletas eléctricas con pedaleo asistido e de man para cadeiras de rodas

A delegada territorial de Ferrol informou da nova convocatoria do programa EBici durante unha visita ao establecemento Ciclos Roca, adherido a esta iniciativa da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

19/05/2025 | 15:50 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa destaca a base como o elemento sobre o que debe reconstruírse Pobra na presentación do Campionato de España de Trainerillas

A Xunta de Galicia aprobou unha axuda de carácter extraordinario de 60.000 euros ao Club Remo Pobra para garantir a súa viabilidade tras o incendio do pasado 5 de xaneiro e, agora, vén de autorizar o uso da nova sede do club no porto da Pobra cunha bonificación do 90% das taxas

19/05/2025 | 15:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta subvenciona con 60.000 euros as obras de renovación das instalacións do Pavillón do Toural, en Vilaboa

A axuda finánciase con cargo á liña destinada á mellora da eficiencia enerxética nos concellos de menos de 15.000 habitantes, do Fondo de Cooperación Local, para 2024, que concedeu axudas por valor de preto de 850.000 euros para a realización de 17 actuacións na área territorial de Pontevedra