Actualidade
Buscador de novas
O Ifevi entrega á Xunta, ao concello de Vigo e á Zona Franca a nova valoración do recinto que reflicte resultados moi similares á anterior avaliación
Tras trasladar este novo documento —encargado polo propio Ifevi a unha empresa especializada independente tralo consenso das tres partes— a entidade convocaraas a unha nova reunión para seguir dando pasos na potenciación do recinto
A Xunta pon en valor o seu modelo pioneiro de formación para o emprego baseado na flexibilidade e na adaptación ás necesidades reais das empresas
Dentro da renovación integral das políticas activas de emprego, José González destacou o redeseño das principais ordes formativas, como a de AFD (40 M€) e o ‘Galicia Suma Talento: formación persoas ocupadas’ (10,6 M€), ambas abertas
A Xunta reforzará a rede de polos de emprendemento coa futura estratexia neste ámbito e atendendo aos sectores tractores de cada territorio
González expuxo que ao abeiro desta folla de ruta se impulsou o Manifesto de vontades para a creación da Rede Galega do Ecosistema de Emprendemento, que está aberto a todas as entidades do ecosistema emprendedor que desexen adherirse
A Xunta destaca o impacto da rede de polos de emprendemento con 5.800 proxectos asesorados e máis de 550 empresas creadas desde 2022
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, respondeu hoxe unha pregunta sobre o balance desta iniciativa autonómica na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego
A Xunta premia a incorporación da artesanía á moda na Gala Despunte da Escola Mestre Mateo
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, entrega esta tarde o Premio Fusión Artesanía e Moda patrocinado pola Xunta no marco da XVI Gala Despunte
A Xunta celebra o retorno de 49.995 persoas ata 2024 pola Estratexia Galicia Retorna e a suma de máis de 140.000 habitantes polo saldo migratorio positivo
O secretario xeral da Emigración deu hoxe estes datos no Parlamento, onde engadiu que a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno atendeu en 2025 máis de 8.000 familias e recibiu máis de 30.000 consultas
A Xunta destina preto de 60.000 euros a accións de formación en catro empresas de Vilagarcía a través dos Bonos Talento Empresa
Este programa beneficiou a máis de 90 empresas da provincia cun investimento de máis de 1,5 millóns de euros
A Xunta destaca a Bidafarma como exemplo do auxe do cooperativismo en Galicia e a súa capacidade de dinamización do territorio
González lembrou que no 2025 Galicia superou as 2.000 cooperativas activas e que este sector factura ao ano máis de 3.000 M€ e emprega a unhas 78.000 persoas, entre socios e traballadores por conta allea
A Xunta amósalles aos escolares de Ortigueira e Fene os oficios tradicionais da elaboración de zocos e da construción de pandeiretas
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, acompañou os artesáns Xosé Manuel Sanín e Elena Ferro durante as demostracións que realizaron esta mañá no marco do proxecto autonómico ‘Artesanía na escola’
Galicia acada o mellor febreiro en afiliacións con 1.088.231 cotizantes e o paro máis baixo dese mes con 116.058 persoas desempregadas
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, valorou hoxe os últimos datos de desemprego e afiliacións destacando que a Comunidade reduciu o paro en preto 5.000 persoas con respecto a hai un ano