Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destina máis de 72.000 euros a actuacións de conservación fluvial en Caldas de Reis
Os traballos permitirán mellorar o estado das canles e facilitar a circulación da auga
A Xunta e o Concello de Cenlle destinan 580.000 euros á mellora das redes de abastecemento e saneamento de auga da Parroquia de Laias
Ángeles Vázquez pon a Cenlle como exemplo de responsabilidade ao facer unha auditoría sobre o estado da súa rede de abastecemento, que detectou a necesidade de renovar esta liña para garantir o servizo en cantidade e calidade
A Xunta instala 12 paneis divulgativos para informar e sensibilizar á cidadanía sobre o risco de inundación en distintos puntos do río Masma, en Mondoñedo
O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos asociados ás áreas de risco potencial significativo de inundación e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio de desbordamento
A Xunta mantén a alerta por escaseza de auga nos sistemas do río Lérez e do río Anllóns e Costa da Coruña e conserva medidas equivalentes en Baiona
Os técnicos manteñen estes escenarios ante a persistencia de indicadores de escaseza en valores baixos
Manuel Pardo subliña os preto de 600.000€ que a Xunta destina a 10 concellos ourensáns para o impulso de espazos verdes
O delegado supervisou o resultado das tres actuacións, a instalación de dúas pérgolas, na Casa do Concello e no albergue municipal, e a montaxe de chorros de auga emerxente na praia fluvial, ás que a Xunta destinou 180.000 euros en 2025
A Xunta inicia a primeira parte das obras de mellora da rede de saneamento e depuración no rural de Ferrol cun investimento de máis de 5,7 M€
Ángeles Vázquez salienta que a actuación dará servizo directo a máis de 1.350 persoas e executará infraestruturas necesarias para continuar nas seguintes fases coa conexión doutras zonas do rural de Ferrol á rede xeral de saneamento
A Xunta realiza labores de conservación fluvial en máis de 11 quilómetros de varios ríos, no concello pontevedrés de Meis
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante 14 semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos
A Xunta instala 15 paneis divulgativos para informar e sensibilizar á cidadanía sobre o risco de inundación en distintos puntos do río Sar, en Santiago de Compostela
O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos asociados ás áreas de risco potencial significativo de inundación e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio de desbordamento
A Xunta realiza labores de conservación fluvial en máis de 4,25 quilómetros de varios ríos, no concello pontevedrés de Caldas de Reis
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante 11 semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais que dificultan a normal circulación do caudal
A Xunta licita por 250.000 € a construción da nova EDAR de Sorribas para mellorar o saneamento en Rois
A futura infraestrutura hidráulica contará cun pretratamento e unha fosa séptica soterrada e ademais acometeranse obras en dous colectores