Actualidade
Buscador de novas
Rueda destaca o novo mercado municipal de Ponteareas como un exemplo da aposta da Xunta pola modernización e impulso ás prazas de abastos
O Goberno galego investiu 1 M€ na reconversión da antiga nave de Aceros del Tea nun espazo moderno de 1.400 m² e nos que practicamente a totalidade da trintena de postos dispoñibles están xa adxudicados
A Xunta pon de relevo a Shopping Night de Redondela e a Tarxeta Activa Comercio do Porriño polo seu pulo dinamizador ao consumo local da comarca de Vigo
O director xeral de Comercio e Consumo asistiu esta tarde á ‘Aloha Shopping Night 2026’, organizada pola Asociación de Empresarios de Redondela e apoiada pola Xunta no marco das axudas autonómicas aos centros comerciais abertos
A Xunta impulsa a remodelación integral do Mercado de Abastos de Viveiro cun investimento de 500.000€
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que se modernizarán as instalacións, reorganizando espazos e potenciando a área de comercialización de peixe e marisco
A Xunta apoia a IX edición de Stock Marín para contribuír a dinamizar o tecido comercial de proximidade e impulsar as vendas
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu hoxe á inauguración deste evento organizado pola Asociación Comercial Local Estrela de Marín co apoio do Goberno galego, que se celebrará ata o domingo na Alameda Rosalía de Castro
A Xunta impulsa en Tui tres cursos de formación en oficios artesanais no marco do Festival Música no Claustro
Tras dez anos de colaboración continuada con este evento de referencia, a Xunta cambia o formato de ‘Resonancias’ para converterse nun lugar de espazo de práctica dos oficios artesanais vinculados á construción de instrumentos musicais
A Xunta salienta en Vigo o papel dos centros comerciais abertos na dinamización do comercio local
O director xeral de Comercio e Consumo e a delegada territorial da Xunta en Vigo asistiron ao desfile de moda organizado polo centro comercial aberto Zona Náutico co apoio do Goberno galego
A Xunta pon en valor o alcance territorial da campaña ‘Merca no teu comercio’ con máis de 58.000 compras rexistradas desde maio
O director xeral de Comercio e Consumo participou hoxe na entrega de premios da acción desenvolvida entre o 1 e o 15 de xullo nos concellos de Ribadavia, Castrelo de Miño, A Arnoia, Cenlle e Leiro