Actualidade
Buscador de novas
A Xunta apoia a celebración do Día dos Medios en Galego que inclúe concertos e unha web para fomentar o uso da lingua
O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salienta esta celebración pola “importancia en uso e en prestixio” do emprego da nosa lingua no xornalismo
A Xunta defende que a promoción da lingua e a cultura galegas por parte dos medios públicos autonómicos serán innegociables
No debate de totalidade do Proxecto de lei de medios, o conselleiro de Presidencia subliñou que se trata dunha lei “útil” para lingua, a cultura e o sector audiovisual de Galicia, ao tempo que ofrece “man tendida na procura de consenso”
A Xunta activa a alerta laranxa por chuvia no suroeste da provincia da Coruña
Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese
Crece máis dun 8% o uso da sede electrónica, que rexistrou 1,4 millóns de trámites en 2023
Preto de medio millón de galegos e galegas empregaron esta canle para as súas xestións coa Administración autonómica o pasado ano
A Xunta advirte dos riscos de que a telefonía e internet deixen de ser unha obriga de servizo público
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica responde a unha consulta pública do Goberno do Estado sobre a continuidade desta consideración a partir de 2025
A Xunta contribúe un ano máis á visibilización do deseño galego a través dos Premios Paraugas promovidos polo Clúster de Comunicación de Galicia
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá no teatro Jofre na presentación destes galardóns que distinguen cada ano aqueles traballos ou estratexias de creatividade, deseño, edición, impresión, márketing, eventos e comunicación que sobresaen polas súa innovación, funcionalidade, boas prácticas e obtencións de bos resultados