Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 511 novas da área temática Turismo:

16/04/2024 | 12:15 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta abre a nova convocatoria de axudas de 2,5 M€ para a creación de novos establecementos turísticos de aloxamento e restauración

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria destinada a pequenas, medianas e grandes empresas para as que o prazo comeza mañá 17 de abril

15/04/2024 | 21:45 | A Presidencia da Xunta
13/04/2024 | 16:20 | Axencia de Turismo de Galicia

A denominación de orixe Ribeiro protagoniza esta fin de semana a promoción da nova edición da "Primavera de portas abertas" nas rutas dos viños

Turismo de Galicia organiza unha viaxe de familiarización para bloggers e instagrammers especializados en enogastronomía e viaxe para promover as tradicionais xornadas de portas abertas nas rutas dos viños que comezarán en maio para o público

12/04/2024 | 15:14 | Axencia de Turismo de Galicia

A segunda e a terceira fase da restauración do Parque do Pasatempo de Betanzos estará adxudicada antes de dous meses, en prazo para garantir a súa execución

A Xunta lamenta que o Goberno de España sembre dúbidas sobre a continuidade do proxecto e recorda que se están a cumprir escrupulosamente os prazos

11/04/2024 | 16:58 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta salienta a oportunidade turística de Galicia como integrante do itinerario cultural dos vikingos

O director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago do Xacobeo participa en Catoira nun seminario sobre este itinerario

11/04/2024 | 12:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 472.000 euros a 14 novos proxectos turísticos para o litoral de oito concellos da Mariña

Vén de resolver a segunda convocatoria de axudas do 2023 para embelecemento dos recursos e introdución de medidas sustentables, dixitais, accesibles ou inclusivas

10/04/2024 | 14:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia con preto de 144.000 euros catro proxectos de embelecemento turístico do litoral nos concellos de Ares e Valdoviño

Entre as actuacións subvencionadas inclúense melloras paisaxísticas en diferentes contornas, a creación de contidos e recursos turísticos dixitais e a mellora da accesibilidade de espazos singulares

10/04/2024 | 13:42 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta impulsa máis de 60 proxectos de embelecemento turístico en 41 concellos do litoral galego por 2,7 M€

Vense de resolver a segunda convocatoria de axudas en concorrencia non competitiva para a rehabilitación sustentable e accesibilidade na costa galega

08/04/2024 | 13:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez comparte cos alcaldes da Ribeira Sacra os seguintes pasos da candidatura a Patrimonio Mundial

O representante da Xunta de Galicia agradece a confianza e a implicación dos axentes locais e animou a continuar avanzando “de xeito conxunto e coordinado”

08/04/2024 | 13:07 | Axencia de Turismo de Galicia

O Centro Superior de Hostelería de Galicia celebra desde este sábado 10 xornadas de portas abertas para dar a coñecer a súa oferta a futuros estudantes

As sesións celébranse todos os sábados de cada mes ás 11,00 h con información das novidades para o vindeiro curso que inclúen novas bolsas e axudas para os alumnos