Actualidade
Buscador de novas
A Xunta traslada ao Goberno central as súas esixencias consensuadas co sector diante do acordo UE-Mercosur
A conselleira do Medio Rural explicou que o documento subscrito onte coas organizacións profesionais agrarias UU.AA. e Asaga, que vén de ser enviado de xeito oficial ao Ministerio de Agricultura, ten como principal obxectivo “protexer os nosos agricultores e gandeiros” diante da posible entrada en vigor do devandito tratado
A Xunta investiu máis de 1.606 millóns de euros no medio rural galego ao abeiro do PDR 2014-2022
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias compareceu hoxe a petición propia na Comisión 7ª, onde fixo un balance destes fondos europeos no seu departamento, cunha porcentaxe de execución practicamente do 100 %
A Xunta detecta un novo foco de gripe aviaria en aves silvestres no concello de Moaña
Trátase dun exemplar de gaivota patiamarela que foi trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cerdedo-Cotobade
A Xunta, Asaga e Unións Agrarias asinan unha declaración conxunta para reforzar as garantías para o sector primario na aplicación do acordo UE-Mercosur
No texto de consenso inclúense peticións moi explícitas que se trasladarán ás instancias europeas e ao Goberno central, entre elas plans específicos de control en fronteira e auditorías en orixe
A consellería do Medio Rural e Turismo de Galicia reforzan a súa coordinación a prol da dinamización económica do territorio
A conselleira subliñou que se trata de impulsar as sinerxías que se crean no rural mediante a suma de esforzos das entidades que impulsan o seu desenvolvemento
Medio Rural publica unha nova orde que facilita os trámites de arrendamento de preto dun 80 % dos terreos dispoñibles no Medio Rural publica una nueva orden que facilita los trámites de arrendamiento de cerca de un 80 % de los terrenos disponibles en el Banco de Terras
A partir de mañá poderase alugar de xeito más sinxelo as parcelas que se atopen en estado de dispoñible sen concorrencia, é dicir, daquelas que non recibiran ningunha solicitude válida ou que foran resoltas negativamente
Medio rural avanza no impulso ao Observatorio de prezos de Galicia en colaboración co sector
O director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria visitou hoxe Mercagalicia e abordou cos seus responsables esta iniciativa, que se enmarca nas medidas de apoio ao eido primario galego diante do acordo UE-Mercosur