Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.828 novas da área temática Economía:

27/09/2025 | 10:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta celebrará a Semana Mundial do Espazo cun maratón de actividades para fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre o alumnado da ESO

Enmarcado na Iniciativa Estratéxica de Seguridade, Defensa e Aeroespazo terá lugar en Lugo, Santiago de Compostela, Ourense e Nigrán do 7 ao 10 de outubro

26/09/2025 | 14:28 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda reivindica Galicia como comunidade líder en produción nacional de proteínas coa nova planta de Curtis

Destaca que o investimento permitirá a creación de 55 empregos directos, a maioría indefinidos

26/09/2025 | 12:22 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda salienta a importancia da combinación de economía e respecto polo medio ambiente para o desenvolvemento do litoral

Aposta polo diálogo directo e a colaboración co sector, que aporta arredor do 2% do PIB autonómico, para avanzar en proxectos de infraestruturas, dixitalización e transición enerxética

25/09/2025 | 17:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia avoga en Bruxelas por incrementar o investimento en redes eléctricas para favorecer a descarbonización no sector siderúrxico

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, apoiou o Plan Europeo de Acción para o Aceiro e os Metais que busca reducir os gastos enerxéticos no sector industrial

24/09/2025 | 16:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta reclama maior coordinación nos procesos de transición enerxética para avanzar na descarbonización da economía

Subliña que estamos nun momento clave no que cómpre abordar a necesidade de conxugar as diferentes fontes de xeración de enerxía renovable e a súa xestión, coa incorporación de novas tecnoloxías como a intelixencia artificial ou os sistemas de almacenamento

24/09/2025 | 12:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña as posibilidades da intelixencia artificial como panca de competitividade e emprego para Galicia

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou en Vigo no panel sobre Presente e oportunidades da Intelixencia Artificial no marco do evento Galia Tech, onde salienta que a IA permitirá ás empresas galegas ser máis eficientes e diferenciarse nos mercados internacionais

22/09/2025 | 14:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta entrega en Rábade os premios da 6ª campaña da iniciativa ‘Merca no teu comercio’ en Lugo

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe no acto no que se repartiron 20 tarxetas prepago de 50 euros entre as persoas participantes

20/09/2025 | 21:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o compromiso de Atave coa formación como ferramenta clave para a retención de talento e a remuda xeracional das empresas do sector

José González destacou a colaboración con esta entidade na execución de accións formativas para persoas desempregadas (AFD), subliñando que a asociación empresarial é tamén centro formativo acreditado