Actualidade
Buscador de novas
O alumnado da 17ª promoción de Policía Local percorre o Camiño Inglés antes de comezar a formación práctica este verán nos seus concellos
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, recibiu aos máis de 90 alumnos desta promoción na súa chegada á praza do Obradoiro
A Xunta aposta por unha resposta eficaz ante as emerxencias a través do novo grupo de intervención en emerxencias sociais
O director xeral de Emerxencias e Interior participou no acto oficial para anunciar este novo equipo, que nace da colaboración do Goberno galego co Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia e que se integrará nos efectivos de emerxencias de Galicia
A Xunta aposta pola prevención e a aplicación das novas tecnoloxías para mellorar a eficiencia ante as emerxencias
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na inauguración do VII Congreso Internacional de Seguridade Industrial en Portos, centrado nesta edición na aplicación da intelixencia artificial á seguridade portuaria
A Xunta realiza a primeira xornada de probas de sirenas de aviso á poboación das presas de Galicia
O obxectivo é garantir a operatividade e que a poboación recoñeza o sinal acústico en caso de emerxencia
A Comisión técnica de Protección Civil homologa os plans de actuación municipal de varios concellos galegos
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu hoxe está xuntanza na que se homologaron os plans de actuacións fronte ao risco de inundacións dos concellos de Viveiro, A Pontenova, Sada e As Pontes, así como por rotura das presas de Vilagudín e San Cosmade do municipio de Cerceda
A Xunta realiza martes e mércores probas de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 41 presas galegas
A medida non afectará á actividade diaria da veciñanza e servirá para comprobar o sistema de aviso acústico que se activaría en caso de rotura
Constituído o posto de mando avanzado que coordinará o dispositivo de seguridade de máis de 1.300 efectivos diarios durante ‘O Son do Camiño’
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou o Posto de Mando Avanzado habilitado no Monte do Gozo para garantir a seguridade das persoas asistentes aos concertos que se celebran desde hoxe ata o sábado