Actualidade
Buscador de novas
A Xunta recibe oito ofertas para a redacción do proxecto de interese autonómico para desenvolver solo que permita a construción de case 1.800 vivendas en Vigo e Vilagarcía de Arousa
Trátase da contratación da redacción do PIA, do proxecto de expropiación e de parcelamento para a obtención de 20,1 hectáreas de solo en Vigo e Vilagarcía de Arousa, destinado maioritariamente á construción de vivendas protexidas
A Xunta licita por máis 2 M€ as obras de renovación do firme en tres estradas autonómicas ao seu paso por oito concellos do sur da provincia de Pontevedra
Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas PO-402, PO-253 e PO-354, que discorren polos concellos de Ponteareas, Pazos de Borbén, A Guarda, O Rosal, Oia, Salvaterra do Miño, As Neves e Mondariz
Rueda anuncia a remisión ao Consello Consultivo do decreto que simplificará e axilizará a construción de vivenda a través da nova regulación das entidades de certificación de conformidade municipal
Destaca que esta medida se enmarca na aposta da Xunta “pola simplificación administrativa nun tema tan sensible como a vivenda”
O Consorcio Casco Vello avanza na rehabilitación do edificio da rúa Hortas, baixo o Castelo de San Sebastián, para sacar a concurso dúas novas vivendas
A delegada territorial da Xunta e presidenta do CCVV, Ana Ortiz, visitou este luns a “emblemática” obra do Casco Vello Alto
Rueda anuncia que a Xunta financiará con 3 millóns de euros proxectos deportivos e de saneamento en Pontevedra
O responsable do Executivo autonómico sinala que o destino concreto destes investimentos será decidido polo Concello
A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo coa alcaldesa de lobios
Ourense, 29 de maio de 2025
Belén do Campo lembra que ata o 8 de xullo está aberta a convocatoria de axudas para a mellora da eficiencia enerxética en vivendas
A delegada da Xunta visitou en Trazo unha das vivendas beneficiada, o ano pasado, por estas achegas o que permitiu renovar a envolvente da súa cuberta
María M. Allegue traslada ao sector da construción en Ourense as achegas e programas para impulsar a construción de vivendas protexidas
A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas agradeceu o compromiso ao sector da construción e alentou aos asistentes a implicarse no reto para duplicar o parque público residencial
A Xunta acada solo para construír 137 vivendas protexidas a través dunha permuta co Concello de Lugo
Nunha destas parcelas, na rúa Illa Coelleira, construirase un inmoble para aloxamentos compartidos e temporais, cuxa redacción do proxecto sae hoxe a licitación por 304.508€
A Xunta colabora co concello de Cospeito na mellora da rúa Curros Enríquez, no lugar de Feira do Monte, que suporá un investimento de case 520.000€
O obxectivo é ampliación da plataforma e o reforzo do firme, así como beirarrúas e nova iluminación, desta rúa da parroquia de San Xoán de Sistallo, localizada na contorna de protección de Cruceiro do Monte e da Ermida do Monte e, que entronca coa estrada autonómica LU-111