Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.293 novas da área temática Forestal:

08/09/2025 | 19:30 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio do concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio

O lume iniciouse ás 14.56 horas do pasado sábado e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 850 hectáreas

08/09/2025 | 19:26 | C. do Medio Rural

Medio Rural salienta a súa aposta pola prevención dos incendios forestais con diversas actuacións na provincia de Lugo

A conselleira visitou esta tarde as tarefas preventivas levadas a cabo na parroquia de Labio, en Lugo, e tamén en Becerreá, onde salientou que o Goberno galego destina este ano 50,5 millóns de euros en prevención, un 35% máis que na última década

07/09/2025 | 21:58 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio do concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio

O lume iniciouse ás 14.56 horas de onte e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 850 hectáreas

07/09/2025 | 10:11 | C. do Medio Rural

Segue activo o incendio do concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio

O lume iniciouse ás 14.56 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de máis de 500 hectáreas

06/09/2025 | 17:47 | C. do Medio Rural

Activo un incendio no concello ourensán de Carballaeda de Valdeorras, parroquia de Casaio

O lume iniciouse ás 14.56 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 20 hectáreas

06/09/2025 | 15:40 | C. do Medio Rural

Medio Rural reúnese cos veciños afectados polo incendio de Toques para explicar o paquete de axudas da Xunta

A conselleira María José Gómez sinalou que o seu departamento conta con ata oito liñas de achegas diferentes para paliar os danos nas explotacións forestais, gandeiras e agrícolas

05/09/2025 | 20:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por impulsar o uso da madeira na construción para avanzar no camiño da descarbonización

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe as instalacións da Rectoral de Rabeda en Taboadela (Ourense)

05/09/2025 | 12:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta axudará aos concellos galegos a facer fronte aos gastos derivados das actuacións nos incendios e aos danos nas súas infraestruturas

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, destaca o esforzo da Xunta para poñer en marcha axudas en tempo récord para os afectados e o compromiso do Goberno galego para axilizar a tramitación e os pagos

04/09/2025 | 13:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Medio Rural

A Xunta suma novas solicitudes de axudas para a reconstrución das vivendas afectadas polos incendios

Allegue detallou que ata hoxe se rexistraron 10 peticións de axudas: 6 en Vilamartín de Valdeorras, 2 en Petín, 1 en Cualedro e 1 en Quiroga; e máis de medio centenar de persoas solicitaron información das mesmas

03/09/2025 | 18:09 | C. do Medio Rural

María José Gómez lembra as medidas de apoio ao sector do castiñeiro para paliar os danos causados polos incendios forestais

A conselleira visitou hoxe a Fábrica de Castañas José Antonio Rodríguez Dosantos, onde aproveitou por destacar as oito liñas de axudas xa convocadas por Medio Rural