Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 702 novas da área temática Lingua:

31/10/2024 | 13:27 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta impulsa máis de 40 actividades para celebrar o Mes da ciencia en galego nas bibliotecas

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentan a programación que, desde o ano 2014, ofrece propostas para a divulgación científica

30/10/2024 | 15:04 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta garante recursos para a constitución da Fundación do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres

López Campos salienta a importancia de impulsar esta entidade para darlle pulo a “unha das principais iconas de Galicia, xunto co himno, a bandeira e o escudo”

30/10/2024 | 11:57 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos destaca un incremento de máis do 30% na partida destinada a accións de dinamización da lingua galega

Asegura que con este primeiro aumento iníciase unha senda de crecemento que se manterá ao longo de toda a lexislatura para levar a cabo medidas transversais ao abeiro do Pacto da lingua

29/10/2024 | 19:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta reivindica a literatura fantástica en galego cunha exposición na Biblioteca de Galicia

A proposta, que se pode ver no Gaiás, forma parte da programación impulsada polo Goberno galego co gallo do Día das Bibliotecas

29/10/2024 | 13:05 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda aposta por dar un maior impulso ás relacións sociais, culturais e económicas cos países lusófonos

Destaca que o número de alumnos que estudan portugués en Galicia supera os 5.000

28/10/2024 | 12:42 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta establece as datas das probas para obter os certificados Celga entre o 16 e o 24 de novembro

Os exames que acreditan o coñecemento do galego terán lugar en Santiago de Compostela e Ponferrada

27/10/2024 | 11:23 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o prazo para que os centros educativos participen no concurso sobre as Letras Galegas 2025

Na convocatoria colaboran a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

25/10/2024 | 20:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García destaca a importancia da tradición oral na presentación do libro ‘Avó, cóntame aquel de...’

O secretario xeral da Lingua participou neste acto para dar a coñecer o traballo da autora María del Carmen Seijas López

24/10/2024 | 20:04 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta creará antes de que remate o ano os grupos de traballo para actualizar o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega

López Campos empraza ás formacións políticas a un novo encontro o vindeiro mes para continuar as conversas co horizonte posto en acadar novas liñas de actuación

24/10/2024 | 20:03 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Aneiros enxalza o compromiso de Xesús Alonso Montero con Galicia e a súa lingua na presentación da separata de ‘FerrolAnálisis’ dedicada á súa figura

A delegada territorial da Xunta en Ferrol participou esta tarde no salón de actos do campus industrial na homenaxe que o Club de Prensa de Ferrol lle brindou ao intelectual  no número 35º da súa revista