Actualidade
Buscador de novas
A Xunta contribúe á rexeneración do banco de libre marisqueo de Bohído-Ría de Arousa coa semente de 145.700 unidades de ameixa babosa
Os exemplares son o resultado do traballo do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), no marco da liña estratéxica do Goberno galego de conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños
A Xunta lanza un programa de cooperación con Portugal de 1,3 M€ para promover a inserción laboral da mocidade nos mercados de Galicia e o norte luso
Lara Meneses erixe esta acción como un “piar fundamental” para mellorar as oportunidades de emprego da xente nova e rexuvenecer o tecido produtivo
A Xunta destaca o papel de programas como o FOEXGA na internacionalización das pemes galegas
A directora do Igape, Covadonga Toca Carús, visita Bodegas Godeval, exemplo do impulso que ofrece esta colaboración público-privada na proxección internacional do tecido empresarial galego
A Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio emitiu en 2024 un total de 75 informes que axilizan procedementos urbanísticos dos concellos
Este ente vén de reunirse esta semana en sesión plenaria, na que interviron o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas
A Xunta destaca que a xestión da solicitude única da PAC en Galicia está sendo este ano superior á dos exercicios anteriores
Juan José Cerviño subliñou que o número de solicitudes tramitadas este ano supera en máis de 800 as rexistradas na campaña pasada nestas mesmas datas
A Xunta mobiliza máis de 186 M€ en axudas empresariais a través do maior paquete de apoios anticipados na historia do Igape
A directora do Igape, Covadonga Toca, expón no Parlamento de Galicia as actuacións desenvolvidas polo Instituto no primeiro trimestre, no que, por primeira vez, concentráronse 15 liñas de axuda ás que se sumaron despois outras catro de internacionalización
Román Rodríguez supervisa as obras de mellora no Instituto República Oriental do Uruguai en Vigo, a cidade onde máis inviste a Xunta en educación
O Goberno galego dedica preto de 200.000€ ao cambio de 704 luminarias e 200m² de falsos teitos do centro, ao abeiro do Plan de nova arquitectura pedagóxica
Lorenzana destaca en Stolt Sea Farm que o emprego industrial crece en Galicia por riba da media nacional
A Comunidade pasou de rexistrar 173.800 persoas ocupadas no primeiro trimestre de 2024 a 194.900 no mesmo período de 2025, a cifra máis alta de toda a serie histórica
A Xunta de Galicia inviste 78.000 euros na renovación das luminarias do porto de Cangas con tecnoloxía led de alta prestación e software de telecontrol
As obras están en execución e permitirán modernizar o alumeado exterior do porto cun aforro enerxético estimado do 60%
A Xunta difunde o deseño galego e internacional co seu apoio ao festival ‘Galicia Design Week’
Desenvólvese na Coruña do 16 ao 24 de maio e comprende coloquios, exposicións, obradoiros, música e gastronomía