Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo supervisa o inicio das obras de mellora da seguridade viaria peonil na estrada autonómica AC-445, ao seu paso pola recta da Anchoa, no concello de Fisterra
Trátase da implantación de tres pasos de peóns nesta vía autonómica, nos puntos quilométricos 11+380, 11+870 e 12+490
A Xunta avanza co Concello de Santiago na prórroga do convenio da renovación do servizos de transporte urbano á urbanización Os Tilos
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, mantivo esta mañá unha reunión co concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais de Santiago de Compostela, Xan Duro, na que se abordaron os trámites pendentes para reactivar o acordo entre a Xunta e os concello compostelán e o de Teo
A Xunta destaca o aumento das persoas usuarias do Plan de transporte público de Galicia con case 3,7 M de viaxes o pasado abril
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, abordou no pleno do Parlamento os avances neste plan con tarifas únicas e bonificadas como a Tarxeta Xente Nova ou a TMG+65, que rexistraron entre xaneiro e abril 2,5 M e 1 M de viaxes financiadas respectivamente
A Xunta reforza as conexións de autobús entre Sanxenxo e Pontevedra durante xullo e agosto con 88 servizos adicionais á semana, dos que 58 serán directos pola AP9
A nova liña directa Sanxenxo-Pontevedra circulará pola AP9 e a AG41 para ofrecer tempos de viaxe reducidos e asegurar máis prazas dispoñibles en localidades intermedias
A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Ribadumia con 77 prazas de estacionamento
O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse a 540.000 euros
A Xunta e o Concello de Pontevedra desbloquean a variante de Alba
O proxecto está supeditado á disposición do informe favorable do Ministerio de Transportes confirmando a viabilidade do enlace da variante coa estrada N-550, documento que o Concello se comprometeu a acadar
A delegada da Xunta en Vigo pide ao alcalde “boa vontade e afán construtivo” para desbloquear “proxectos de cidade” e avanzar co presidente en melloras para a cidadanía
Ana Ortiz agarda que Abel Caballero abra na reunión do vindeiro martes unha “nova etapa de colaboración” co Goberno galego “en beneficio dos vigueses”
As novas liñas de autobús de Sanxenxo impulsadas polo concello para o verán co apoio da Xunta comezan a funcionar esta fin de semana
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, participou esta mañá no percorrido de proba do servizo lanzadeira, ao que se suman dous circulares
A Xunta e a Plataforma de usuarios de media distancia de Renfe coinciden na urxencia de que o Goberno central cumpra os seus compromisos coa liña ferroviaria galega
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reuniuse coa voceira da entidade, Iria Méndez
A Xunta informa aos veciños de Infesta da adxudicación da redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria na AC-542 ao seu paso por Betanzos
Con esta actuación a Xunta dá resposta as necesidades de seguridade e accesibilidade neste tramo autonómico