Actualidade
Buscador de novas
O conselleiro de Sanidade reúnese coa asociación Bicos de papel para abordar melloras para os nenos oncolóxicos do hospital Álvaro Cunqueiro
Na actualidade, unha media de 13 nenas e nenos de entre 0 e 16 anos de idade reciben terapia oncolóxica a diario no hospital de día do centro vigués
A Xunta blinda o seu apoio ao tecido asociativo con 33 M€ en axudas con cargo ao 0,7% do IRPF que benefician a 155 entidades
Fabiola García destaca que estas achegas facilitarán o desenvolvemento de 744 programas de protección da infancia, atención das persoas maiores e con discapacidade, a inclusión, a igualdade e a loita contra a violencia de xénero
A Xunta financia a construción da nova residencia e centro de día para persoas maiores de Dozón cun investimento de 1,5 M€
O centro residencial contará con 58 prazas e o de atención diúrna terá 20 destinadas ao coidado e atención dos maiores
Fabiola García reúnese coas presidentas de Empresarias de Galicia e da Asociación de Familias e Mulleres Rurais
A conselleira de Política Social e Igualdade agradeceu o traballo de ambas entidades e acordou seguir colaborando para impulsar o papel da muller no mundo laboral
A Xunta destaca a posta en marcha de dúas novas casas do maior en Fisterra, que suman dez prazas de atención diúrna gratuíta
Estes dous novos recursos reforzan aínda máis a rede de casas do maior que supera as 140 nas catro provincias galegas
O Gaiás convértese en escaparate do mellor cinema infantil internacional coas máis de 70 curtas da novena edición do festival ‘Pequefilmes’
Dúas producións galegas compiten nas seccións a concurso canda filmes distinguidos nos principais festivais de animación do mundo
Rueda resalta que Galicia lidera por segundo ano consecutivo a taxa de escolarización 0-3 anos ao acadar o 60,5 %
Salienta que esta porcentaxe sitúa Galicia “trece puntos por riba da media nacional” e son tamén “trece puntos máis que antes da implantación da gratuidade”
A Xunta segue a consolidar a rede de casas niño no rural cun investimento de 10,5 M€ para garantir a súa continuidade ata o ano 2028
O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe recolle a nova convocatoria de axudas para apoiar o funcionamento destes recursos
Un total de 147 asociacións de nais e pais que xestionan comedores escolares acceden ás axudas da Xunta de 1,6 M€
O Goberno galego reforzou nos últimos anos esta liña, o que fai que estas asociacións reciban hoxe case o triplo do importe que antes da pandemia