Actualidade
Buscador de novas
A Xunta remata os traballos de limpeza na Ponte Vella de Ourense
Os traballos consistiron na retirada manual da vexetación nos paramentos e na limpeza das xuntas, co emprego de ferramentas e medios manuais
A Xunta licita por preto de 158.000€ a mellora do viario que comunica co núcleo rural de Soutelo, en Manzaneda
As actuacións, ao abeiro do Plan Hurbe, consistirán na mellora do pavimento do camiño, das beirarrúas e da senda nunha estrada entre a parroquia de San Martiño e o núcleo de Manzaneda, ademais da da revisión das redes pluviais e a dotación de zonas verdes
A Xunta retoma o luns os traballos de renovación do firme na autoestrada do Val Miñor
Estas tarefas desenvolveranse do 15 ao 19 de setembro en horario diurno entre os puntos quilométricos 19+000 e 22+000 do tronco da autoestrada e no ramal de Nigrán
A Xunta coopera co concello de Castrelo de Miño no mantemento do camiño entre os núcleos rurais da Bouza e As Bouzas
Esta acordo suporá un investimento total de case 50.000 euros, asumindo a Xunta asume o 85% do orzamento e a, contratación e execución das obras; mentres que e o Concello aporta o 15% restante do investimento
A Xunta avanza na ampliación de centros educativos coa licitación do CEIP Ben-Cho-Shey no Pereiro de Aguiar
O conselleiro Román Rodríguez participa na presentación do proxecto, por case 2 M€, e subliña que o Goberno galego está a construír ou ampliar 52 centros
A Xunta inicia na noite de mañá os traballos de renovación do firme na autoestrada A Coruña-Carballo
Esta intervención na autoestrada autonómica suporá un investimento de case 90.000€
A Xunta reanuda o luns os traballos de mellora do firme na autovía AG-53, entre o enlace de Cea e a A-52, que farán necesarias afeccións ao tráfico
Estas tarefas completarán os traballos executados previamente, dispoñendo unha nova capa de rodaxe na calzada pendente e renovando tamén o firme nos ramais
Román Rodríguez presenta as novas obras no Colexio Gregorio Sanz de Ribadeo, coas que a Xunta completará a rehabilitación do centro
Invístense 410.000€ na substitución do peche perimetral e na rehabilitación da zona de xogos e áreas exteriores do centro
A Xunta licita por preto de 193.000€ a construción dun centro de interpretación da natureza en San Pedro de Narla, no concello de Friol
Proxéctase unha edificación de tipo tradicional, en consonancia coas edificacións existentes no núcleo desta parroquia do municipio lucense