Actualidade
Buscador de novas
A Xunta detecta un novo foco de gripe aviaria en aves silvestres en Moaña
Corresponde a un exemplar de gaivota patiamarela (Larus michahellis) recollida no concello pontevedrés de Moaña e trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da Consellería do Medio Ambiente e Cambio Climático de Cerdedo-Cotobade
A Xunta declara a emerxencia cinexética temporal en 38 comarcas para controlar a poboación do xabaril
A medida, que afecta a 254 concellos e abrangue o 83% da superficie galega, entrará en vigor este sábado e manterase ata o 22 de febreiro de 2026
A Xunta inviste 93.000 euros na mellora do punto limpo da Estrada
Esta liña de axudas beneficiou a un total de 24 concellos da provincia de Pontevedra, tres deles da comarca do Deza-Tabeirós
A Xunta salienta que a xestión sostible dos residuos eléctricos e electrónicos ofrece unha oportunidade de negocio e emprego verde para as empresas galegas
Ángeles Vázquez subliña que a actividade dos xestores privados que asumen a reciclaxe e a reutilización dos RAEE demostra que a economía circular é unha realidade en Galicia
Galicia insta ao Goberno central a desbloquear os fondos para paliar e previr os danos causados polo lobo e a convocar xa a Conferencia sectorial de medio ambiente
A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, trasladou esta demanda ante a Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade
A Xunta avanza nos traballos para elaborar a nova estratexia para consolidar a paisaxe galega como recurso estratéxico no desenvolvemento territorial
Reforzarase o seu enfoque transversal e integrador, promovendo a coordinación entre os distintos departamentos da Xunta e fomentando a participación activa dos axentes sociais, económicos, institucionais e da cidadanía
A Xunta emite declaración de impacto ambiental favorable sobre o proxecto para ampliar unha explotación de áridos en Ponteareas
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático conclúe que a actuación é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións e o programa de vixilancia ambiental que figuran na propia resolución e na documentación avaliada
A Xunta atende no Veral un exemplar de voitre negro para o seu reingreso ao seu hábitat natural
A ave, rescatada en estado moi feble no feiral do San Froilán, en Lugo, ten aproximadamente un ano de vida, é dunha especie non habitual en Galicia e presenta unha evolución favorable
A Xunta inviste 120.000 euros na mellora do tratamento dos residuos de competencia municipal do concello de Tui
O concello adquirirá grazas a esta achega novos contedores para o punto limpo municipal, ademais de dous novos puntos limpos móbiles
Rueda reivindica o compromiso dos concellos galegos coa sostibilidade na entrega das Bandeiras Verdes 2025
Asegura que este distintivo recoñece o compromiso dos municipios e os veciños “con ter un concello fermoso e sostible”, exemplo do que significa “Galicia Calidade”